calidade
(
-
s
f
Características que constitúen a maneira de ser dunha persoa ou dunha cousa e que a definen fronte aos da mesma especie.
Ex: A calidade da xente sábese polos seus feitos. A dimensión e o peso son calidades esenciais da materia.
Confrontacións: atributo, natureza, propiedade. -
s
f
-
Cada un dos atributos ou das propiedades, percibidos pola sensibilidade, que distinguen a natureza das cousas. Pódese pasar por transición continua dunha calidade a outra, por máis que sexan opostas (como do frío á calor).
-
[FILOS]
Propiedade que determina a natureza dun obxecto. Categoría fundamental do pensamento e da realidade, considerada por Aristóteles como o máis importante dos accidentes xunto coa cantidade e a relación. Para Kant é o segundo dos catro títulos de conceptos puros do pensamento (categorías) que inclúen a realidade, a negación e a limitación. Na gnoseoloxía empírica, Locke e Leibniz, adoptando unha distinción feita xa por Demócrito, distinguen as calidades primarias (propiedades físicas dos obxectos, como a extensión, a forma, a resistencia e o movemento) das calidades secundarias (non esenciais, como o cheiro, o sabor, a cor, etc).
-
[FILOS]
Carácter resultante, en lóxica, do feito de ser afirmativa ou negativa unha proposición.
-
-
s
f
Superioridade de algo polas súas características respecto a un grupo ou conxunto.
Ex: Comprou produtos de calidade.
Confrontacións: clase. -
s
f
Superioridade no seu xénero.
Ex: A calidade da carne galega é recoñecida por todos.
-
-
s
f
Posición social elevada pola liñaxe.
-
s
f
Consideración social, civil, política ou cultural dunha persoa para algún emprego ou cargo.
Ex: A calidade que se require para este traballo non a van ter todos os aspirantes.
-
s
f
-
[LING]
Conxunto de características distintivas que conforman o timbre fonolóxico de calquera realización lingüística e que se refiren tanto ao punto (labial, dental, etc) como ao modo de articulación (oclusivo, fricativo, etc). Xeralmente oponse á cantidade ou duración, á intensidade ou amplitude e á frecuencia. Na oposición coa noción de cantidade distínguense os cambios cualitativos (
Ex: o paso de i > e) fronte a cambios cuantitativos (Ex: o paso de i > i).
-
s
f
[EDUC]
-
Propiedade ou conxunto de propiedades inherentes a un sistema de ensino que permiten aprecialo como igual, mellor ou peor ca outro sistema.
-
Relación que existe entre os obxectivos formulados por un sistema educativo e os resultados acadados.
-
-
calidade de vida
Condicións necesarias para que a vida dunha persoa sexa digna.
-
calidade percibida
[COMUN]
Conxunto de propiedades que observa un consumidor nun determinado servizo ou produto. Está suxeita a unha serie de variables como son as diferencias de prezos entre marcas, os esforzos promocionais ou os gustos do consumidor; vese ademais directamente influída por factores intrínsecos como a cor, a textura, a forma, etc, e por variables extrínsecas como a marca, o envase ou o prezo.
Frases feitas
-
de primeira calidade. Que posúe as mellores condicións.
-
en calidade de. Función especifica que se exerce como representante de algo.
Formas incorrectas
cualidadeRefráns
- Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
- Do bo, canto máis, mellor; do malo, canto máis, peor.
- Do bo, con pouco hai abondo.
- Engánenme no precio e non me enganen no que merco.
- Maruxiña ten bo viño; se o ten, el o dirá e o que fore sonará.
- Non dá bo pan a mala fariña.
- O bo nunca é caro e éo sempre o malo.
- O bo nunca é caro.
- O bo pano na arca se vende.
- O bo vai caro e o malo fai dano.
- O pan alleo ten sete codias.
- O pan centeo é bo cando é alleo.
- O viño bo é caro e o barato é malo.
- Ouro é o que ouro vale.
- Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.
- Viños e amores, os vellos son os mellores.