"Cox" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • Coxear moi pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrose da articulación coxofemoral. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Coñecido como o Rafael flamengo, pertenceu a unha familia de artistas. Traballou en Roma (1532-1539), onde coñeceu o estilo de Rafaello Sanzio e pintou uns frescos en Santa Maria dell’Anima. Foi pintor de cámara de Filipe II. O seu estilo manierista une a grandiosidade coa elegancia, ao xeito de Fontaineblau. Da súa produción destacan o Tríptico da Historia da Nai de Deus. Realizou tamén cartóns para tapices e deseñou vidreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Andar de forma irregular, inclinando o corpo máis cara a un lado que cara ao outro, debido a unha alteración no aparato locomotor. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que non coxea, trenquelea”.

    2. Inclinarse para un dos lados, calquera obxecto por non estar ben asentado, especialmente un moble con patas.

    3. Mostrar algunha carencia nunha actividade con respecto a outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excitación que experimenta unha persoa ao seren tocadas certas partes do seu corpo e que se manifesta por medio dunha risa involuntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do aparato locomotor, especialmente a localizada nun dos membros inferiores, que provoca a deambulación irregular. Estas alteracións poden ser anatómicas ou funcionais. As anatómicas son de tipo conxénito, como as malformacións e as aplasias, ou de tipo adquirido, como as debidas á poliomielite, a amputacións ou a feridas. As funcionais poden estar causadas por parálises hemipléxicas, ciáticas e metatarsalxias, entre outras doenzas. As coxeiras son características da afección causal e teñen, xa que logo, un gran valor diagnóstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción conxunta de electricidade (ou enerxía mecánica) e enerxía calorífica útil. Cando a coxeración se emprega en industrias non produtoras de enerxía, senón usuarias, fálase de autoxeración. Os chamados sistemas de enerxía total son sistemas de coxeración que producen para si mesmos todas as enerxías necesarias. Os sistemas de coxeración parten sempre dunha enerxía exterior, que provén xeralmente dun combustible, e transfórmana en diferentes enerxías necesarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xestión que fan en común dúas ou máis persoas.

    2. Sistema de xestión da empresa no que os representantes dos traballadores acceden aos órganos directivos da mesma, compartindo as funcións de dirección cos titulares do patrimonio da empresa. Confórmase como unha vía intermedia entre as teses transformadoras dos medios de produción, que propugnan a colectivización dos centros de produción, e as teses ortodoxas capitalistas. Deste modo, constitúe unha institución de carácter ambiguo que pretende establecer unha relación harmónica e solidaria entre capital e traballo, que poida reducir o conflito, permita tomar rapidamente decisións eficaces, faga aumentar a produtividade e consiga a realización dunha acertada planificación económica da empresa. Estes sistemas empregáronse en Italia na época de entreguerras e en Alemaña nas industrias do Ruhr a partir de 1951. No ámbito económico, a incidencia da coxestión foi practicamente nula, pois só conseguiu un mellor control da evolución salarial e do rendemento da empresa. No aspecto técnico achegou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen xestiona xunto con outro algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corredor central dunha galera que dividía os bancos dos remeiros de babor e de estribor.

      1. Espacio comprendido entre dous muros de carga.

      2. Corredor que dá acceso ás pezas laterais dun edificio.

      3. División, interior ou exterior, dun edificio delimitada polos vans.

      4. Espacio comprendido entre o coro e o presbiterio, delimitado por un enreixado ou unha varanda, que posúen algunhas catedrais.

      5. Sala dos hospitais alongada e con camas a un e outro lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias da orde das rickettsiais. Do tipo Gram-negativas, son filtrables, parasitas obrigadas e moi resistentes aos axentes externos. Son bacilos ou cocos, aínda que presentan certo pleomorfismo, que lles poden producir diferentes infeccións aos animais, incluído o ser humano, como a febre Q causada por C. burnetti. Transmítense por diferentes artrópodos que actúan coma vectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da extremidade inferior dos animais bípedos, como as aves, ou da extremidade posterior dos mamíferos cuadrúpedes, que vai dende a cadeira ata o xeonllo, especialmente cando é comestible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea que aparece como consecuencia de distintas enfermidades da pel, como a erisipela e o herpes, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saco enchido de plumas, la ou doutro material esponxoso que serve para sentarse ou apoiarse.

    2. Cara lateral do capitel xónico semellante a unha almofada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen anda de forma irregular por mor de alteracións nun dos membros inferiores do aparato locomotor ou por carecer del. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o coxo de amor morre, que fará o que andar pode? Coxo, e non de espiña; calvo, e non de tiña. De home coxo e can rabeno, líbrenos Deus coma do demo. Nin bo coxo, nin bo noxo”.

    2. Que abanea por non ter as patas iguais ou por no estar ben asentado, especialmente un moble.

      1. Que mostra algunha carencia ou non está completo.

      2. verso coxo

        Que non ten a medida xusta, en relación aos outros versos dun poema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao óso coxal e ao fémur. OBS: A grafía < x > representa o son [ks].

    2. Articulación da cadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO