"Cres" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
-
Relativo ou pertencente ao cresol.
-
Derivado do cresol ou da creosota.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que posúe moitas riquezas.
-
PERSOEIRO
Rei de Lidia (561 a C-546 a C), da dinastía dos Mermnadaes. Continuou a conquista emprendida polos seus antecesores e someteu as cidades gregas de Asia Menor agás Mileto. A súa riqueza viuse favorecida pola localización do seu territorio nunha posición privilexiada nas rutas comerciais. Animado polo poder dos seus aliados e confundido polo oráculo de Delfos, enfrontouse cos medos, que invadiran Persia, pero foi derrotado en Pteria por Ciro II o Grande (547 a C) e Lidia converteuse nunha provincia persa (546 a C). Durante o seu reinado destacou como protector dos artistas e da cultura grega e introduciu a cuñaxe en ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido de olor a fenol, mestura de cada un dos tres compoñentes isoméricos orto-, meta- e para-, de fórmula xeral HOC6H4CH3. Obtido do alcatrán do carbón, é altamente tóxico e de absorción percutánea. Emprégase como antiséptico e na fabricación de resinas sintéticas.
-
GALICIA
Botánico e agrónomo. Licenciado en Ciencias Naturais, en 1916 gañou a cátedra de Agricultura do Instituto de Lugo. Asistiu a cursos de fisioloxía vexetal aplicada á agricultura organizados pola Junta para la Ampliación de Estudios. Trasladouse a Toulouse para traballar en patoloxía agrícola e, á súa volta, foi nomeado catedrático de Ciencias Naturais do Instituto-Escuela de Madrid. No verán de 1927 dirixiu a Exploración Naturalista y Folklórica realizada aos Ancares e aos montes do Invernadoiro, patrocinada pola Junta. Como froito desa experiencia, L. Crespí elaborou o traballo “Contribución al folklore gallego” (1927) e, xunto con Luís Iglesias, “Los prados de las regiones media y de montaña de Galicia” (1929) e “Notas para una geografía botánica de Galicia” (1929). En marzo de 1933 foi nomeado xefe do laboratorio de ecoloxía do Museo de Ciencias. En 1938, como consecuencia da Guerra Civil española, parou o seu labor investigador.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Ocupou a cátedra de Química Teórica e Física da Universidad de Madrid. Entre as súas publicacións destacan: Estudios sobre los permanganatos (1922); Catálisis en general y autocatálicos (1925) e The descomposition of carbon monoxide in the corona due to alternating electric fields (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formouse con Il Cerano na Accademia Ambrosiana. A súa obra sitúase entre o manierismo lombardo e o realismo romano. Da súa produción cómpre salientar A cea de San Carlos Borromeo de Santa Maria della Passione (1621?) e as Escenas da vida dos beneditinos das cartuxas de Caregnano (1629) e Pavía (1630).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e arquitecto italiano. Coñecido como Il Cerano, a súa obra adscríbese á escola lombarda. Dirixiu a Accademia Ambrosiana. Malia ter contactos co manierismo, a súa arte achegouse á realidade histórica e rexeitou a retórica. O seu estilo rebaixou as tintas, simplificou a composición e reduciu a descrición dos elementos esenciais e significativos. Por mor da beatificación de san Carlos, realizou Scene della vita di San Carlo (1602) e, trala súa canonización, Milagres de San Carlos (1910). No eido da escultura realizou a decoración da catedral de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Coñecido como lo Spagnolo, as súas obras revelan a influencia do naturalismo e do claroscuro do caravaggismo. Cultivou a pintura relixiosa (Sacramentos, 1712?); a pintura de xénero (A feira de Poggio a Caiano, 1709); o retrato (Autorretrato); e a pintura mitolóxica nos murais do palacio Pepoli de Boloña (1691-1692). O seu fillo Luigi Crespi (Boloña 1709-1779) foi tamén pintor e escribiu Vidas de pintores boloñeses non incluídos en Felsina Pittrice (1769), anexo ao escrito de Malvasia. O seu irmán Antonio Crespi (Boloña 1700?-1781) reproduciu as obras de seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano francesa. Considerada como unha especialista en Wagner, debutou en 1950 na Opéra de París. Posteriormente actuou, entre outros escenarios, no Covent Garden de Londres (1960) e na Metropolitan Opera House de Nova York (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que se caracterizaban por teren o cabelo crecho. Documéntase no século XII baixo forma latina: “Martinus Crispus” (doc ano 1173 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 138); en romance aparece no século XIV: “Johan Crespo” (doc ano 1344 en Clarinda de Azevedo Maia, História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 56). Na Idade Media tamén se empregaba en feminino aplicado a mulleres: Crespa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crecho.
-
PERSOEIRO
Escultora. Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da mesma cidade. A súa obra evolucionou dende o figurativismo ata a abstracción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político portugués. Doutor en Química (1962) e profesor universitario. Foi ministro de Educación (1980-1982) e vicepresidente do Partido Social-Democrata (PSD). En 1982 foi candidato da Aliança Democrática ao cargo de primeiro ministro. Entre 1983 e 1985 foi embaixador de Portugal na UNESCO.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Empregou os pseudónimos El anfibio, El caricato habanero e El lindoro, entre outros, e publicou El látigo del anfibio (1836) e Sátiras (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e poeta. Colaborou nos xornais La Voz de Galicia, El Correo gallego e La Noche. Publicou Brétemas mariñás (1946), o primeiro libro en galego que apareceu en Galicia trala Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi nomeado gobernador civil da Coruña en 1907. Dirixiu unha ofensiva contra os políticos agraristas que buscaba desfacer as sociedades agrarias, como a Unión Campesina. Así mesmo, censurou algunhas publicacións, como Solidaridad Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da técnica e da cor. Cultivou os modos realistas e románticos, e nos seus bodegóns destaca a calidade matérica dos obxectos. Fundou en 1968 o grupo O Grilón, co que expuxo en diversas ocasións, como na Feria de Mostras do Noroeste e en Viveiro. Entre outras exposicións colectivas destacan a I Exposición de Artistas Ferroláns (A Coruña, 1960) e a III Bienal Nacional de Arte en Pontevedra (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político agrarista. Coñecido como Chinto Crespo, foi membro da Sociedade de Agricultura de Teis e do Directorio de Teis, organización da que foi secretario en 1908. Dirixiu a asemblea agrarista de Teis no 1907. Converteuse nun destacado orador -en lingua galega- nos mitins antiforais celebrados en Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. En 1909 presentouse como candidato á alcaldía de Lavadores, ao tempo que asinaba, xunto con outros agraristas, numerosos panfletos contra os caciques da bisbarra viguesa. Esta campaña anticaciquil provocou o seu exilio á Estrada e Lalín, cidade na que reorganizou o movemento agrarista. En 1913 volveu a Vigo e á súa actividade anticaciquil no ámbito provincial, feito que lle valeu un posto no concello de Lavadores. Da súa produción xornalística consérvase unha pequena parte dos seus traballos, a maioría ensaios escritos en castelán, nos que amosa o seu anticaciquismo e a necesidade da organización dos labregos en sociedades de oficio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1989), foi profesor da mesma. Traballou con Carlos Quintáns e Antonio Raya, con quen realizou, entre outras obras, a nova sede da delegación do COAG da Coruña (1993), a nave industrial de Eleko Galicia (A Coruña, 1999) e o Polideportivo de Guntín (1999). As súas obras caracterízanse pola economía de recursos, a austeridade dos volumes e a integración da construción no contorno. Entre os seus numerosos proxectos de vivendas unifamiliares destacan a casa Seoane (Mera, 1992), a casa Vázquez (Sada, 1999) e a casa de Oleiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO