Crespí Jaume, Luís

Crespí Jaume, Luís

Botánico e agrónomo. Licenciado en Ciencias Naturais, en 1916 gañou a cátedra de Agricultura do Instituto de Lugo. Asistiu a cursos de fisioloxía vexetal aplicada á agricultura organizados pola Junta para la Ampliación de Estudios. Trasladouse a Toulouse para traballar en patoloxía agrícola e, á súa volta, foi nomeado catedrático de Ciencias Naturais do Instituto-Escuela de Madrid. No verán de 1927 dirixiu a Exploración Naturalista y Folklórica realizada aos Ancares e aos montes do Invernadoiro, patrocinada pola Junta. Como froito desa experiencia, L. Crespí elaborou o traballo “Contribución al folklore gallego” (1927) e, xunto con Luís Iglesias, “Los prados de las regiones media y de montaña de Galicia” (1929) e “Notas para una geografía botánica de Galicia” (1929). En marzo de 1933 foi nomeado xefe do laboratorio de ecoloxía do Museo de Ciencias. En 1938, como consecuencia da Guerra Civil española, parou o seu labor investigador.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso