"Cristovo" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 37.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muxía. Datouse nos ss XII-XIII aínda que foi reformada posteriormente. Está realizada en estilo románico e consta dunha soa nave rectangular, con cuberta de madeira e ábsida cadrada con bóveda apuntada.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. Datada nos ss XII-XIII con reformas do s XVIII, conserva a estrutura románica. Consta de nave rectangular con ábsida tamén rectangular e os muros son de cachotaría e cantaría de granito con cuberta a dúas e catro augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Traballou en San Martiño Pinario como mestre de obras e tomou alí o hábito en 1651. Foi arquiveiro neste mesmo mosteiro e prior de San Lourenzo de Carboeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Martín (Bóveda). O seu cumio acada os 618 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Arxiz (Taboada). O seu cumio acada os 830 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Arnego e Larazo (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 581 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na ribeira dereita da ría de Ferrol, na parroquia de Doniños (Ferrol).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterrei baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Coruña baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Carballiño situado no NO da provincia de Ourense, no centro-Sur da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 28’ 38’’ de latitude N e 7° 58’ 49’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Rodeiro (comarca de Deza), ao S cos de Maside (comarca do Carballiño) e Amoeiro (comarca de Ourense), ao L cos de Carballedo (comarca de Chantada) e Vilamarín (comarca de Ourense) e ao O cos de Piñor e O Carballiño (os dous da comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 94,4 km 2 cunha poboación de 2.839 h (2007) distribuída entre as parroquias de Castrelo, Cea, Covas, Lamas, Longos, Mandrás, Oseira, Pereda, San Fagundo, Souto, Vales, Vilaseco e Viña. A súa capital é o núcleo de Cea, localizado a 22 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo do concello está formado por dous espazos contrapostos: a montaña e a chaira, situados nunha... -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -