"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Galo de orixe e ferreiro de profesión como o seu contemporáneo santo Eloi, abandonou o seu oficio tras recibir a chamada divina e foi ordenado subdiácono. As coincidencias que mantén con santo Eloi fixeron que, moitas veces, as súas advocacións e padroados se confundisen. A festividade de san Baldomero celébrase o 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Patolóxica da Universidad de Mendoza e director de Saúde Pública da Patagonia. En 1936 emigrou a Arxentina onde fundou, xunto con Gumersindo Sánchez, o Sanatorio da Avellaneda e organizou o laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Bos Aires. Entre 1956 e 1959 presidiu a AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi membro do equipo de dirección da editorial Citania. Escribiu artigos en galego como “Galeguismo, folklore, política e bioloxía” ou “Isaac Díaz Pardo” e, baixo o pseudónimo de Luís Estévez, colaborou na revista bonaerense Galicia emigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi profesor de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía (1932), e director do Sanatorio Baltar (1934-1963) e do Gran Hospital, ambos en Santiago de Compostela. Estudiou o ambiente histórico e médico do s XVIII na obra Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (1961). Así mesmo, referiuse á relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo “Castelao médico” e a obra Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (1979), onde se recollen algunhas das ilustracións de temática médica realizadas por Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. Discípulo de Melchor Cano e de Pedro de Soutomaior, foi comentarista de Tomé de Aquino, mestre de Teoloxía en Alcalá, en Valladolid e en Salamanca e confesor (1561-1567) de santa Teresa de Jesús. Enfrontouse ao molinismo, sobre todo nas ideas da premonición física e a gracia, que afirmaban que Deus impulsaba a vontade humana a pasar ao acto libre. Tivo un papel importante na controversia de auxiliis entre dominicanos e xesuítas. Escribiu numerosas obras filosóficas e teolóxicas, algunhas delas aínda están inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador. En 1668 por encargo da confraría da Nosa Señora da Concepción realizou traballos de pintura e dourado no retablo da Inmaculada, situado no lado do Evanxeo da capela maior da igrexa conventual de San Francisco de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo, político e avogado. Doutorouse en Dereito nas universidades de Sevilla e Madrid. Estivo ligado á ILE (Institución Libre de Enseñanza) e no 1929 foi director do Museo Pedagógico Nacional. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. Foi ministro de Instrución Pública durante a Segunda República (1933-1934) e membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933). Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México. Baseou toda a súa pedagoxía no coñecemento da evolución biolóxica dos nenos e defendeu o concepto de paidoloxía como ciencia integral do neno ao abranguer as perspectivas biolóxica, psicolóxica e pedagóxica. É autor de Fuentes para el estudo de la paidología (1917), Paidología (1918), Influjo de la psicología en la pedagogía francesa (1921) e El desenvolvimiento del niño (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aparellador. Traballou na Catedral de Santiago de Compostela en 1670 na construción da torre das campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Domenico Veneciano (Venecia 1405 ? - Florencia 1461) Pintor. Traballou en Perugia e en Florencia, onde se estableceu definitivamente. Pintou unha serie de frescos para a igrexa de Sant’Egidio de Florencia axudado por Piero della Francesca. A súa obra caracterízase por unha gran luminosidade, polo perfecto estudo da perspectiva e da ambientación da paisaxe e polo colorido suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor en bronce, coñecido co pseudónimo de Mecherino. Durante a súa estancia en Roma (1510-1512) recolleu influencias de frei Bartolommeo, Michelangelo e Raffaello, que combinou co colorismo brillante e decorativo da tradición sienesa, plasmado nos Estigmas de santa Caterina (1516); posteriormente, na súa fase manierista, fixo unha pintura a miúdo estraña e misteriosa na que predominan a sutilidade e o simbolismo sobre a preocupación estrutural. Polo seu tratamento das luces e das sombras é considerado un precusor de Caravaggio. Unha parte importante da súa obra consérvase en Siena, onde realizou decoracións na casa do concello, representando temas sobre as virtudes cívicas, e deseñou os pavimentos de mármore da catedral: O nacemento da Virxe, San Miguel, A caída dos anxos e Cristo no limbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula litúrxica que aparece con frecuencia no Breviario e no Misal. É recitado polo celebrante de costas aos fregueses. É un versículo que se introduciu en prosas e oficios rimados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. É Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de bacharelato de Lingua e Literatura Española dende 1974. Dende 1986 vén traballando no eido da literatura oral tradicional de Galicia, especialmente dos ss XVIII, XIX e XX, tema sobre o que escribiu numerosos artigos nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e publicou varios libros, destacando entre eles: A poesía popular en Galicia 1745-1885 (1992), Historia da literatura popular galega (1994) e Escolma de literatura popular galega (1996). En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo “Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento dominicano situado en Santiago de Compostela no cruce das rúas de san Pedro e das Rodas, fóra da antiga Porta do Camiño. A tradición atribúe a súa fundación a san Domingos de Guzmán quen supostamente peregrinou a Compostela en 1219. Foi fundado ao redor de 1220 baixo a advocación de santa María, mais en 1498 apareceu xa baixo o nome de San Domingos. O templo segue a tipoloxía das igrexas mendicantes, sendo o primeiro templo galego en adoptala. Foi consagrado en 1230 aínda que a finais do s XIII foi reformado baixo a protección do arcebispo dominicano frei Rodrigo González de León, estendéndose as obras ata o último cuarto do seguinte século. A planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas poligonais, dúas capelas nos extremos dos brazos e dúas máis que se abren á nave. A cabeceira é característica do gótico mendicante: capela maior e dúas ábsidas colaterais de planta poligonal, bóveda de crucería e longos vans oxivais. En 1718 o artesoado de madeira das naves foi substituído...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal francés, fillo do duque de Vendôme e tío de Enrique IV. Bispo de Rouen (1550), recibiu da Liga Católica o título de Rei co nome de Carlos X (1589), a pesar de que vivía Enrique III. Este fíxoo encarcerar e obtivo a súa renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e dramaturgo. Coñecido como Moncho Borrajo, despois de estudar o bacharelato en Vigo, trasladouse a València, onde se formou en arquitectura. Posteriormente abandonou esta titulación e marchou á Escuela San Carlos de València, para formarse como aparellador e en Belas Artes. Nestes anos tomou conciencia da súa identidade galega e participou en diversos actos públicos interpretando cancións en galego, castelán e valenciano. En 1970 gañou o premio de debuxo universitario do Colexio de Arquitectura e en 1972 obtivo o II Premio da Canción Universitaria. Ademais, foi seleccionado para o XIII e XIV Premio Internacional de Debuxo Joan Miró. A partir de aquí realizou exposicións por diversas galerías de España. En 1976 recibiu a medalla ao mérito artístico e pouco despois fundou a biblioteca e o grupo de baile galego do Centro Galego de València. A partir de 1985 dedicouse plenamente ao mundo do espectáculo.Como humorista destacou sempre pola súa enorme capacidade para a improvisación....

    VER O DETALLE DO TERMO