"Dena" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 98.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, en Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, drenado polo río Arenoso (2.009 h [1996]). O clima é mediterráneo con certo carácter de continentalidade. A súa economía é principalmente agropecuaria, onde a cría de gando bovino e porcino son as actividades máis destacadas. A principal industria é a téxtil. Nos últimos anos adquiriron grande importancia as actividades relacionadas co turismo. Dentro do municipio está o Parque Natural de La Sierra, declarado Espacio Protexido en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e escritora. Ocupou diversos cargos gobernamentais e en 1929 converteuse na primeira muller que foi conselleira de Estado. Foi tamén presidenta do Comité Nacional de Mujeres. Entre as súas publicacións destacan Rosario de prosa lírica e Oración maternal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Foi embaixador de Filipe III en Venecia e mais en París (1609), onde gañou a confianza de Maria de Medici. Opúxose á política contraria aos Habsburgo de Enrique IV de Francia. Negociou os matrimonios de Filipe IV con Isabel de Borbón e de Luís XIII con Ana de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo do ex-presidente Lázaro Cárdenas. Graduado na Escola Nacional de Enxeñería en 1957, iniciou a súa carreira política no Partido Revolucionario Institucional (PRI), do que se separou en 1987 para presentarse ás eleccións presidenciais de 1988 pola Frente Democrático Nacional (FDN), coalición de centro-esquerda. En 1994 reorganizou o que pasou a denominarse Partido de la Revolución Democrática (PRD), co que se presentou ás eleccións, e nas que foi superado novamente pola candidatura do PRI. En xullo de 1997 presentouse a alcalde do departamento do Distrito Federal, cargo que obtivo e co que se convertería no primeiro político dun partido distinto ao PRI que conseguía un posto tan relevante desde 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político mexicano. Participou na Revolución Mexicana e foi partidario nun primeiro momento de Panchi Villa, para pasar despois ao constitucionalismo de Venustiano Carranza e Plutarco Elías Calles. En 1929 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Nacional (PRN). Ocupou diversos ministerios desde 1931 a 1933 e foi Presidente da República entre 1934 e 1940. Impulsou a reforma agraria, secularizou o ensino, fortaleceu as organizacións sindicais, fomentou a industrialización do país e nacionalizou os monopolios petrolíferos. En 1938 reorganizou o PRN, transformado no Partido de la Revolución Mexicana e dividido en catro seccións: obreira, campesiña, popular e militar. Durante a Guerra Civil española apoiou a causa da República e acolleu en México os exiliados republicanos. Nos anos sesenta protagonizou un movemento de apoio ao réxime cubano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1831-1849). Fillo de Carlos Manuel de Savoia, príncipe de Carignano. Participou no levantamento de marzo de 1821; trala abdicación do seu primo, Víctor Manuel I, instituíuse rexente do reino e proclamou a constitución das Cortes de Cádiz do 1812. Ante a intervención de Austria e a entronización de Carlos Félix no 1821, tivo que retirarse. Loitou xunto cos Cen Mil Fillos de San Luís fronte aos liberais españois en 1823. En 1831 foi proclamado rei e adoptou unha actitude ambigua respecto ao movemento do Risorgimento: reprimiu a axitación mazziana (1833-1834) e adoptou medidas liberais. Encabezou a guerra pola unidade e foi derrotado en San Donato, no 1848, e en Novara, no 1849. Abdicou a favor do seu fillo Víctor Manuel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1821-1831). Fillo de Víctor Amadeo III, da dinastía de Savoia, e irmán de Víctor Manuel III, a quen sucedeu. Aboliu a Constitución concedida polo rexente Carlos Alberte e restableceu o goberno absolutista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Francia que inclúe os departamentos de Ardenas, Aube, Haute Marne e Marne (25.606 km2; 1.352.500 h [estim 1995]). A súa capital é Chalons-en-Champagne, no departamento de Marne.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Clase e extensión dunha pena.

    2. Parte decisoria da sentenza na que se lle impón ao acusado unha obriga. No procedemento civil, a sentenza consiste no acollemento total ou parcial das pretensións dunha das partes e na obriga de aceptalo pola parte contraria. No procedemento penal, a sentenza declara que unha persoa é responsable do delito que se lle imputa e que está obrigada a cumprir unha pena.

    3. Pronunciamento da sentenza que obriga a un dos litigantes a facerse cargo dos gastos xudiciais orixinados polo procedemento. As custas procesais debe abonalas aquel que a sentenza declara que actuou con temeridade ou mala fe.

    4. Suspensión do cumprimento da pena imposta ao delincuente coa condición de que o suxeito non volva delinquir ou cumpra unha serie de requisitos ou cargas legalmente previstas. Se o acusado cumpre a devandita condena, a responsabilidade queda extinguida ao remate do período de suspensión.

    5. Posicionamento en contra de algo.

    6. Suplicio que hai que soportar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que merece ou que pode ser condenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condenar ou condenarse.

    2. Castigo do inferno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de condenar ou condenarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen condena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declarar a alguén culpable por sentencia, impoñéndolle unha pena ou castigo.

    2. Declarar unha cousa merecedora de condena.

    3. Manifestar unha opinión contraria sobre algún asunto.

    4. Forzar a algunha cousa penosa.

    5. Declarar a un enfermo irremediablemente próximo á morte.

    6. Reducir unha cousa á inactividade pola súa falta de funcionalidade.

    7. Ser unha persoa a causa da súa pena ou castigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que condena ou serve para condenar.

    2. Pronunciamento dun xuíz ou tribunal que condena a un acusado ou que lle manda cumprir unhas obrigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir unha contraorde.

    VER O DETALLE DO TERMO