"Deva" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 35.

    1. Familiar do que se descende e que viviu nunha época pasada.

    2. Serie de membros dunha familia que preceden a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que xa se dixo antes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir feminina do traxe tradicional. Adoita ser de forma rectangular (o de faena) ou cadrada (o de gala) con dúas fitas nos extremos superiores que se atan ao van. O devantal de faena está feito, xeralmente, de liño e pode estar tinguido de diversas cores. A súa lonxitude adoita ser maior ca o de gala e utilízase no vestiario cotián. O de gala ten unha forma máis cadrada e confecciónase, normalmente, con veludo, teas de cores e adobíos de pasamanería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suco que se fai ao cavar.

    2. Espacio de terreo ou parcela que se limpa.

    3. Camiño ou carreiro que se fai no monte, no campo ou na fraga, libre de vexetación, para evitar que se estendan os incendios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abrir sucos na terra ao cavar.

    2. Facer devasas no campo ou no monte para evitar que o lume se propague.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de devastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que devasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • devastación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destruír ou arrasar un territorio causando graves danos nas vivendas, nas colleitas ou na poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo suízo. Realizou estudios universitarios en Friburgo, Louvain e París. Intentou aplicar os métodos da escola activa ao cristianismo e criticou a pedagoxía soviética. Defende que o mestre, fronte ao alumno, debe ser quen tome a iniciativa e a dirección da ensinanza. Entre as súas obras, destacan Pour une école selon l’ordre chrétien (1934), Le Système Decroly et la pédagogie chrétienne (1936), Les expériences pédagogiques en Allemagne (1936) e La pédagogie scolaire en Russie soviétique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou a súa produción literaria con Coses vistes (1925) e Llanterna màgica (1926). Polémico e belixerante nos seus escritos políticos, foi un propagandista da Lliga e de F. Cambó, que describiu na biografía Francesc Cambó (1928-1930). No plano político, foi elixido deputado da Mancomunitat de Catalunya en 1921. Colaborador da revista Destino, nesta etapa publicou Guía de la Costa Brava (1941), Las ciudades del mar (1942), Un señor de Barcelona (1945) e El carrer estret (1951, Premio Joanor Martorell). A súa obra pódese considerar como unhas vastas memorias que cobren medio século de vida catalá. En 1966 coa publicación de El quadern gris, un dietario escrito entre 1918 e 1919 que constitúe unha das súas obras máis relevantes, inicia a recompilación da Obra completa. En 1968 foi instituído o premio Josep Pla no seu honor e en 1980 recibiu a Medalla d’Or da Generalitat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Breixo que dá nome ao concello de Pontedeva, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Celanova, situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 09’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cortegada (comarca do Ribeiro), ao L co concello de Gomesende (comarca de Terra de Celanova), ao S co de Padrenda (comarca de Terra de Celanova) e ao O co concello de Padrenda e Crecente (comarca da Paradanta). Abrangue unha superficie de 9,9 km2, en que acolle unha poboación de 723 h (2007), distribuída nas parroquias de Pontedeva e Trado. A capital municipal está no lugar de Aldea de Deva, na parroquia de Pontedeva, localizada a 60 km da cidade de Ourense e a 146 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
    Xeografía física
    Pontedeva sitúase no bordo do río Deva, unha conca hidrográfica que deu lugar á formación dun amplo val que ocupa a maior parte do concello, formado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado na beira esquerda da desembocadura do río Deva, no límite con Cantabria (1.806 h [2001]). O núcleo do termo é Colombres. A súa economía baséase na gandaría, a pesca e o turismo. Do seu patrimonio destacan as pinturas rupestres da cova de El Pindal (BIC, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO