Ribadedeva

Ribadedeva

Municipio de Asturias, situado na beira esquerda da desembocadura do río Deva, no límite con Cantabria (1.806 h [2001]). O núcleo do termo é Colombres. A súa economía baséase na gandaría, a pesca e o turismo. Do seu patrimonio destacan as pinturas rupestres da cova de El Pindal (BIC, 1924).