"Duca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do Maxisterio que apareceu en Lugo no ano 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado pola Inspección Provincial de Ensino Primario que apareceu no ano 1934 na cidade da Coruña e que cesou no ano 1936. Subtitulada como “Órgano oficial de la Primera Enseñanza de la provincia”, esta publicación era coñecida tamén como “Publicación del Magisterio”. Proporcionaba información sobre normativas educativas, nomeamentos de mestres interinos, actividades que realizaban os colexios da comarca, etc. Tiña unha sección chamada “Galería de Educadores” e no número 5-6 de xaneiro e febreiro de 1935 reproduciuse un discurso de Miguel de Unamuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio do Sacro Imperio creado como consecuencia da secularización do principado episcopal de Bremen coa Paz de Westfalia (1648) e adxudicado a Suecia. No 1712 pasou a Dinamarca e, no 1720, a Hannover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título portugués concedido en 1648 a Nuno Álvares Pereira de Melo, considerado o máis importante de Portugal despois dos títulos da casa real; leva engadido o tratamento de sobriño do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Perder a súa forza ou validez un decreto, un costume, unha lei, etc, por caer en desuso ou por chegar a unha data determinada.

      2. Finalizar un prazo de tempo, un dereito, un contrato ou outra cousa semellante.

    1. Deixar de ser apto para o consumo un alimento, un medicamento ou calquera outro produto perecedoiro.

      1. Derramarse ou acabarse unha cousa como efecto do paso do tempo ou de ter moito uso.

      2. Perder as súas facultades unha persoa a causa do paso do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real inglesa creado en 1706 para o futuro Xurxo I. Volveu á coroa en 1890 e converteuse en marquesado concedido ao príncipe Adolphus de Teck en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Real Decreto o 23 de novembro de 1913 a María Purificación Fernández Cadenas, nada en Valladolid e viúva de Xosé Canalejas. O título foi herdado polos seus fillos María Asunción e José, morto en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real inglesa concedido en 1362 a Lionel de Anveres, terceiro fillo de Eduardo III, e que reverteu na coroa á súa morte (1368). En 1412 foille outorgado ao príncipe Tomás, fillo segundo do Rei Enrique IV. En 1461 concedéuselle o terceiro ao príncipe Xurxo, irmán de Eduardo IV. En 1789 outorgóuselle ao príncipe Guillerme, fillo terceiro de Xurxo III, e a derradeira concesión realizóuselle ao príncipe Alberte (morto en 1892), fillo maior do Rei Eduardo VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo de educación que reciben conxunta e indistintamente alumnos de ambos os dous sexos nunha institución educativa. Unha expresión máis ampla do concepto reflicte un modelo educativo que non remata nos centros de ensino, senón que se estende a outros estamentos. Aínda que con frecuencia ao ensino en común (clases mixtas) tamén se lle aplica esta denominación, o certo é que neses casos habería que falar de “coinstrución” porque a coeducación comporta, ademais da convivencia, unha orientación de tipo educativo na que as diferencias sexuais se consideran factores estruturais da educación e remite á expresión dun programa pedagóxico que pretende un cambio na distribución tradicional dos papeis entre homes e mulleres. De aí que sempre resulte máis doado educar por separado que coeducar, porque a coeducación supón unha responsabilidade engadida para o centro escolar e, sobre todo, para os profesores, na medida en que implica facerse cargo de alumnos e alumnas en réxime de igualdade e convivencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Educar segundo o modelo da coeducación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada dende 1934 por iniciativa do Bureau International d’Éducation (BIE, Oficina Internacional de Educación), con sede en Xenebra. Creado como un foro de diálogo entre os ministerios de Educación, coñeceuse ata 1969 como Conferencia Internacional de Instrución Pública. En 1960, o BIE integrouse na UNESCO. A partir de 1971, esta conferencia celébrase en anos impares, alternando coa Conferencia Xeral da UNESCO, que se reúne en anos pares. En cada CIE hai un tema central de estudo que, unha vez tratado, dá lugar a unha serie de recomendacións dirixidas aos diversos ministerios de Educación. A súa función principal é a de servir como centro internacional de educación comparada. Cada estado membro envía á CIE un informe sobre o movemento educativo do seu país, documentos que pasan a ser estudiados e investigados polos diferentes membros da organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título do Reino de Nápoles concedido no 1735 a Pedro de Castro Salazar e Figueroa; o 6 de novembro de 1846 converteuse en título de Castela. Leva as armas dos Castero, coa coroa e manto de Grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1059-1067). Ministro de Isaac I Comneno, sucedeuno cando abdicou. Esforzouse en reducir o poder do exército e da aristocracia militar, para o que restituíu a posición dominante dos burócratas imperiais. Durante o seu reinado, os turcos e os maxiares aproveitaron a debilidade militar bizantina para iniciar a conquista de Armenia (1064) e ocupar Belgrado, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter nacionalista das Edicións Terra e Tempo que apareceu a principios dos anos setenta do s XX. Á parte da información política xeral, este voceiro da UPG desenvolveu algúns dos principios que caracterizan esta formación política, como o dereito á autodeterminación de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista pedagóxica editada polo colexio Santa María do Mar da Coruña a partir do ano 1969. Incluíu información orientada a titores e á comunidade escolar en xeral. Ofrecía tamén documentación bibliográfica e unha guía de actividades para realizar cos alumnos. No Ano Internacional do Neno de 1979 editaron dez números dedicados aos dereitos do neno, auspiciados pola asemblea das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO