Cuadernos para Educadores

Cuadernos para Educadores
[PUBLIC]

Revista pedagóxica editada polo colexio Santa María do Mar da Coruña a partir do ano 1969. Incluíu información orientada a titores e á comunidade escolar en xeral. Ofrecía tamén documentación bibliográfica e unha guía de actividades para realizar cos alumnos. No Ano Internacional do Neno de 1979 editaron dez números dedicados aos dereitos do neno, auspiciados pola asemblea das Nacións Unidas.