Cuadernos Galicia-Cee

Cuadernos Galicia-Cee
[PUBLIC]

Revista bilingüe editada a partir de marzo de 1986 na Coruña co apoio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, da que saíron unicamente tres números. Colaboraron nela J. Manuel Otero Lastres, Luis Caramés Viéitez, Alfonso Pascual Pérez e Fernando González Laxe, entre outros. Incluía información sobre temas económicos relacionados coa UE, como o IVE, a política agraria e pesqueira da Unión, etc.