Cuadernos para el Diálogo
Cuadernos para el Diálogo
[PUBLIC]
Revista mensual fundada en Madrid en outubro de 1963 por Juan Luis Cebrián, Mariano Aguilar Navarro e Joaquín Ruiz Giménez, como órgano dos sectores católicos progresistas. Propugnaba un socialismo democrático aberto a diversas ideoloxías. Deixou de publicarse no ano 1978. Á parte da edición da revista, nos anos setenta publicou unha serie de suplementos, entre eles, un de 1975, coordinado por Xesús Alonso Montero e dedicado a Castelao, e outro, de 1976, no que se incluía un traballo de Gustavo Luca de Tena titulado “Lengua, cultura y periodismo en Galicia (1876-1936)”.