"ECU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • CIDADES

    Cidade dos turdetanos, hoxe Bailén (Jaén), onde Publio Cornelio Escipión o Africano venceu (209-208 a C) as tropas cartaxinesas comandadas por Asdrúbal, irmán de Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá nas nádegas ao caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión, o volume e a temperatura dun gas real, válida cun amplo intervalo de valores destas variables. Fai intervir cinco constantes típicas de cada gas e mellora outras ecuacións de estado anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa du Barry, favorita de Luís XV de Francia. Introduciuse nos ambientes artísticos e literarios parisinos co título de Condesa du Barry co que foi coñecida. Entrou en relación con Luís XV no ano 1768 e trala súa morte trasladouse a Louveciennes (1774). En 1793 foi xulgada e guillotinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo da notación musical (n) que diante dunha nota (ou na armadura) anula a modificación de altura de calquera outra alteración precedente (accidental ou constitutiva) que pode afectala, deixándoa no seu estado natural. Antano representaba o si natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, definida por Jakob Bernoulli, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n>1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuación de estado dun gas real na que interveñen as seguintes constantes críticas

    FORMULA

    onde P é a presión do gas, V o volume que ocupa, R a constante universal dos gases ideais, T a temperatura, e Pce Tca presión e a temperatura críticas, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome dado á ecuación diferencial x2y”+xy’+(x2-v2)y=0, onde v é un número complexo calquera. Resulta de expresar a ecuación de Laplace, Ñ2φ(x,y,z)=0 en coordenadas cilíndricas cando é posible aplicar a función φ ao método de separación de variables: φ(x,y,z)=X(x)Y(y)Z(z). Unha solución particular da ecuación de Bessel é a función de Bessel de primeira clase , de orde v:

    FORMULA

    onde Γ é a función gamma. J-v (x) é tamén solución particular. Defínense as f uncións de Bessel de segunda clase ou funcións de Neumann, de orde v, da maneira seguinte: se v non é enteiro, entón:

    FORMULA2

    Para todo v, Yn é solución da ecuación de Bessel. Denomínanse funcións de Bessel de terceira...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a dúas moléculas. 

    2. Aquilo no que interveñen dúas moléculas.

    3. Reacción que transcorre en cada etapa elemental entre dúas moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molécula integrante dun ser vivo. Quimicamente, distínguese entre as inorgánicas (auga, gases, anións e catións) e as orgánicas (glícidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos e metabolitos intermediarios).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Publicou numerosos artigos sobre a lírica do Século de Ouro castelán e novelas de cabalerías. É autor de En el texto de Garcilaso (1970) e La transmisión textual en “El conde Lucanor” (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura e filólogo. Especialista na poesía castelá do Século de Ouro, publicou a edición crítica de toda a poesía de Quevedo (1969-1981), Herrera (1975) e Lope de Vega (1981). É tamén autor de Sobre el rigor poético en España y otros ensayos (1977) e La vida como discurso (1981). No ano 1993 recibiu o Premio Menéndez y Pelayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil de homínidos ao que pertence a especie B. altipaltus procedente do xacemento do Mioceno medio de Rudabanya (Hungría). Esta especie foi descrita a partir duns macizos faciais que conservaban o padal. Na actualidade intégrase na especie Dryopithecus brancoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu na vila luguesa de Meira en 1910. Esta publicación trataba cuestións agropecuarias, relativas ao mercado gandeiro principalmente, da Federación que unía as Sociedades e Sindicatos agrícolas de Meira, Riotorto e Vilameá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación do transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil, da familia dos homínidos, procedente do Mioceno superior e medio (15-7 Ma) da India e Paquistán, creado por Lewis a partir de varios fragmentos de mandíbulas inferiores no ano 1934. En 1964 Simons logrou identificar nun mesmo rostro os maxilares superiores de Ramapithecus coas mandíbulas inferiores de Bramapithecus, polo que os integrou baixo un mesmo taxon. Na actualidade considérase que o Ramapithecus é a forma feminina de Sivapithecus, pondo ao descuberto un novo caso de supersegregación taxonómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil da superfamilia Hominoidea descrito en 1923 por Matthew e Granger. Considerado un antepasado inmediato, procede de xacementos do Plistoceno do sur de China, do xibón (Symphalagus) de Sumatra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos mariños de cuncha de ata 4 m, en forma de cabeiro, coa superficie anelada, opérculo groso e tentáculos alongados. En Galicia están presentes as especies C. glabrum e C. traquea, que viven enterradas na area fina do infralitoral.

    VER O DETALLE DO TERMO