"EPA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 210.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Viktor Stepanovič Černomyrdin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado clorado do nitrazepam que se presenta en cristais de cor case branca que se forman a 237°C. Emprégase en medicina como anticonvulsivo no tratamento da epilepsia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicofármaco ansiolítico, derivado benzodiazepínico. Emprégase no tratamento da neurose con tensión e ansiedade, na abstinencia alcólica e como anticonvulsivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.
-
PERSOEIRO
Debuxante. Estudou arquitectura e traballou como deseñador gráfico, aínda que é máis coñecido polos seus cómics. O seu personaxe máis popular é Valentina, protagonista de episodios nos que o erotismo é un dos principais compoñentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de decepar.
-
-
-
Arrincar de raíz as cepas da viña.
-
Arrincar de raíz calquera árbore ou planta que teña cepa.
-
-
Eliminar completamente algo non material.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘culler’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traer unha cousa consigo outra, especialmente acontecementos inesperados.
-
PERSOEIRO
Matemático francés. Publicou unhas táboas de mortalidade e probabilidade de vida en Francia, recollidas na obra Essai sur les probabilités de la durée de la vie humaine (Ensaio sobre as probabilidades da duración da vida humana, 1746), que serviron para establecer as pensións vitalicias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor francés. Dentro da súa actividade teatral, que desenvolveu fundamentalmente entre 1972 e 1977, destaca a posta en escena de espectáculos a partir de textos de Natalie Sarraute, Margueritte Duras ou Peter Handkle. En 1984 volveu á escena para participar como protagonista no Tartuffe, dirixido por Jacques Lassalle. Na súa carreira cinematográfica triunfou como protagonista de Les valseuses (Os rompepelotas, 1974), de B. Blier. Interpretou distintos filmes como Novecento (1976), Ciao maschio (Adeus ao macho, 1977), Mon oncle d’Amérique (O meu tío de América, 1980), La femme d’à côté (A muller do lado, 1981), Danton (1982), Camille Claudel (A paixón de Camille Claudel, 1988),Cyrano de Bergerac (1990) Premio de Interpretación en Cannes, Tous les matins du monde (Todas as mañás do mundo, 1992), Germinal (Xerminal, 1993), Elisa (1995), 102 Dalmatians (102 dálmatas, 2000),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Iniciou a súa andaina profesional como paparazzi para a axencia Dalmas. Entre 1960 e 1962 foi reporteiro gráfico na Guerra de Alxeria. En colaboración con Gilles Caron, Hubert Henritte e Hugues Vassal, fundou a axencia Gamma en 1967 e, despois de dirixila en 1973, creou outra co nome de Sigma. Asociado á Magnum dende 1978, foi vicepresidente da propia axencia en Europa dous anos máis tarde. As súas imaxes dos enfrontamentos bélicos en Rwanda, Burundi, Somalia e Angola reproducíronse en numerosas publicacións de todo o mundo. Publicou, en colaboración con D. Burnett e C. Garretsen, o libro Chile, polo que obtivo a Medalla de Ouro Robert Capa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao departamento.
-
-
Cada unha das partes en que se divide un espazo por medio de paredes ou medios de separación similares.
-
División administrativa. En España identifícanse cos ministerios, como órganos complexos constitutivos das unidades básicas de estruturación da administración do Estado, aos que se lles encomenda a promoción e protección dun sector específico dos intereses públicos; son materialmente especializados e homoxéneos entre si. Tamén se pode falar do departamento xudicial, como termo que engloba as competencias de xurisdición dos diferentes xulgados dun territorio concreto, e do departamento universitario, como órgano administrativo que dirixe o ensino dunha determinada materia nunha universidade.
-
Demarcación territorial de ámbito supralocal xurdida en Francia en 1790, no proceso de reorganización do Estado trala Revolución. Naceu como instrumento de homoxeneización da administración en todo o territorio francés, logo da supresión do réxime feudal e mantívose ao longo do tempo sen a penas modificacións. A Francia metropolitana dividiuse en 96 departamentos (incluídos os dous da illa de Córsega). Ademais, catro dos dez territorios de ultramar baixo soberanía francesa adquiriron a condición de departamentos (Guyana Francesa, Guadalupe, Martinica e illa de Reunión). A máxima autoridade do departamento é o prefecto, delegado do goberno no territorio. O modelo de administración territorial francés foi imitado, con maior ou menor fidelidade, noutros países, entre eles España que adoptou unha institución similar como unidade básica da organización territorial do Estado; aínda que denominada provincia, a institución española tivo o seu primeiro precedente histórico precisamente nun proxecto...
-
-
departamento de contas/comercial
Órgano que comunica a axencia publicitaria co cliente ou anunciante a través dun executivo de contas. A súa finalidade principal é manter os contactos e xestións cos clientes, así como ofrecer servicios de atención continuada antes, durante e despois da realización da campaña publicitaria.
-
departamento de coordinación/tráfico
Órgano que supervisa o proceso de comunicación publicitaria dende que un anunciante chega á axencia de mans do departamento de contas ata que a campaña contratada se difunde nos medios de comunicación. Encárgase de cumprir os prazos temporais acordados, así como de xustificar os gastos derivados da elaboración da campaña e, en definitiva, de coordinar a campaña publicitaria.
-
departamento de creatividade/técnico
Sección encargada de dar forma gráfica e audiovisual ás mensaxes publicitarias. Á súa fronte está o director creativo, do que dependen directamente un director de arte, os técnicos e os redactores ou copys.
-
departamento de investigación e mercadotecnia
Órgano da axencia de publicidade que realiza os estudios precisos para desenvolver unha campaña. De entre estas investigacións destacan as referentes aos estudios de mercado e de produción, así como as referentes aos controis de eficacia publicitaria.
-
departamento de medios
Sección especializada, nunha empresa ou axencia publicitaria, na planificación da inserción publicitaria en medios de comunicación social. Selecciona os soportes máis apropiados para acadar os obxectivos marcados polo propio anunciante e as necesidades comunicativas do produto ou servizo que se pretende comercializar.
-
departamento de contas/comercial
-
División administrativa da Mariña de guerra española. O litoral español divídese en tres departamentos establecidos en 1749: o do Cantábrico comprende a costa setentrional, entre as fronteiras con Francia e con Portugal, é dicir, entre as desembocaduras do Bidasoa e do Miño, e ten a súa capital en Ferrol; o de El Estrecho, con capital en Cádiz, inclúe a costa entre a desembocadura do Guadiana (na fronteira con Portugal) e o cabo de Gata, ademais do arquipélago de Canarias e as prazas de soberanía norteafricanas e do mar de Alborán; e o do Mediterráneo, con capital en Cartagena, esténdese dende o cabo de Gata ata a fronteira con Francia e inclúe as Illes Balears.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en 1892 en Ferrol que cesou ao pouco tempo. Foi fundado e dirixido por Manuel de Cal e estivo ligado politicamente ao partido liberal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de departir.
-
-
Falar dúas ou máis persoas amigablemente.
-
Dividir algo en partes, xeralmente un terreo.
-
-
-
Acción e efecto de depauperar.
-
Proceso enunciado por Marx e inherente ao capitalismo que afirmaba que o proletariado se empobrecería na medida en que prosperase a burguesía. Produciuse un depauperamento relativo, xa que o salario real aumenta moito menos que a produtividade real que está en constante aumento.
-
-
-
olver algo moi pobre polo esgotamento da súa riqueza ou valor.
-
Esgotarlle as forzas a alguén, física ou moralmente.
-
Debilitar en exceso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor ou aos cálices formados por sépalos que non se presentan soldados.