Depardon, Raymond
Depardon, Raymond
Fotógrafo francés. Iniciou a súa andaina profesional como paparazzi para a axencia Dalmas. Entre 1960 e 1962 foi reporteiro gráfico na Guerra de Alxeria. En colaboración con Gilles Caron, Hubert Henritte e Hugues Vassal, fundou a axencia Gamma en 1967 e, despois de dirixila en 1973, creou outra co nome de Sigma. Asociado á Magnum dende 1978, foi vicepresidente da propia axencia en Europa dous anos máis tarde. As súas imaxes dos enfrontamentos bélicos en Rwanda, Burundi, Somalia e Angola reproducíronse en numerosas publicacións de todo o mundo. Publicou, en colaboración con D. Burnett e C. Garretsen, o libro Chile, polo que obtivo a Medalla de Ouro Robert Capa.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Villefranche -
Deceso
Lugar : Saône