"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • Relativo ou pertencente á aponeurose ou á súa natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza lateral de cada segmento dos artrópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Unión Europea constituído en 1985 en Louvain-la-Neuve (Valonia, Bélxica). Foi creada por nove organizacións interrexionais europeas para reforzar a representación das rexións nas institucións comunitarias. Tivo un papel destacado na creación do Comité das Rexións e impulsou os traballos do Consello Consultivo das Colectividades Rexionais. Componse dunha asemblea xeral e de seis comités que traballan nos problemas específicos que afectan ás rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional fundada no ano 1973 que reúne xuristas e bromatólogos e ten a súa sede en Bruxelas. Os seus obxectivos son a divulgación, o desenvolvemento e a harmonización internacionais do dereito alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Eurored Institución creada en virtude do Tratado da Unión Económica e Monetaria (Tratado de Maastricht, 1991-1992) para rexer o sistema monetario e financieiro da Unión Económica e Monetaria Europea. Ten o dereito exclusivo e autónomo de autorizar a emisión de euros (únicos billetes de curso legal a partir de, como máximo, xullo de 2002). O Banco Central Europeo, coordinador dos bancos centrais dos respectivos estados, comezou a súa actividade o 1 de xaneiro de 1999, principiando deste xeito a terceira e derradeira fase da transición cara á unión monetaria dos 11 países da “zona euro”. Os seus órganos rectores son o Comité Executivo e o Consello de Goberno (consello executivo máis gobernadores de bancos emisores dos países membros da CEE). As súas funcións son: executar a política monetaria, a representación internacional, a compensación monetaria e a xestión dos mecanismos de crédito comunitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución europea con sede en Luxemburgo creada en 1958 ao abeiro do Tratado de Roma, que ten como obxectivo contribuír á promoción económica das áreas menos desenvolvidas da Comunidade Económica Europea (a partir de 1992 Unión Europea) e dos países en vías de desenvolvemento, que estean vinculados á Unión Europea por acordos de cooperación. A súa actividade céntrase no financiamento de obras de infraestruturas e de produción e distribución de enerxía, e no investimento en actividades produtivas, ben sexan agrarias, industriais ou terciarias. Os proxectos deben ser viables técnica e comercialmente, adaptarse á normativa de medio ambiente e someterse á supervisión do propio BEI. O préstamo é como máximo do 50% do importe do proxecto, aínda que é compatible con calquera outra axuda da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución internacional con sede en Londres creada en 1990 co obxectivo de facilitar a transición dos países europeos de economía planificada cara á economía de mercado. Foi fundado por 30 países: Australia, Canadá, Corea do Sur, os estados europeos, EE UU, Israel, Marrocos, México, Nova Celandia e Xapón, así como polo Banco Europeo de Investimentos e a Comisión Europea. En 1999 estaba constituído por 60 membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillaume de Saluste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Preto de Sigmaringen. Fundada polos agostiños no 1077, foi secularizada no 1802 e restaurada polos beneditinos no 1863. O seu abade leva o título de arquiabade. Foi un dos centros da restauración gregoriana na Alemaña meridional. Alberga unha institución dedicada á edición crítica da Vetus Latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e escultora francesa, coñecida como Rosa Bonheur. Formouse co seu pai, Raymond Bonheur, e con León Cogniet en París. En 1849 fíxose cargo da escola do seu pai. Dende 1841 participou nos Salóns de Pintura, onde obtivo a medalla de ouro nos anos 1848 e 1855. Destacou pola realización de cadros de animais: A feira dos cabalos (1853-1855) e O destete dos xatos (1877). Foi a primeira muller en recibir a Gran Cruz da Lexión Francesa en 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Publicou poesía e traducións do grego, do latín e do francés ao galés. A súa obra revela unha preocupación pola técnica poética e un dominio total da métrica dos antigos bardos clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Albert Espinasse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía británica de aviación fundada no ano 1946 para explotar rutas aéreas interiores en Europa e en Oriente Medio. Creou o primeiro servizo postal europeo con helicópteros (1947) e o primeiro servizo interior regular de pasaxeiros, a liña Cardiff-Liverpool (1950). Foi a primeira compañía en utilizar avións movidos por turbohélices. No 1973 quedou integrada na British Airways.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das apiáceas, de follas enteiras e xeralmente lineais e flores de pétalos marelos dispostas en umbelas. En Galicia están presentes B. gerardi, en herbazais e cultivos, e B. rotundifolium, en ambientes secos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten nervios curvos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro meteorolóxico fundado en 1973 e en funcionamento dende 1979. Con sede en Reading (Reino Unido), agrupa dezasete países europeos, aos que lles proporciona diariamente previsións do tempo para un período de sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Europa central ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Europa central.

    3. Provincia medioeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO