"Ebra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 116.

  • Que ou quen concelebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levar a cabo unha acción litúrxica coa participación de máis dun ministro, en particular na celebración dun sacramento, sobre todo a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor costarriqueño. Pseudónimo de Jorge Delio Bravo Brenes, organizou con outros poetas o Círculo de Poetas Turrialbeños. Publicou, entre outras obras, Milagro abierto (1959), Bestiecillas plásticas (1960), Devocionario del amor sexual (1963), Nosotros los hombres (Premio Nacional de Poesía 1967), Canciones cotidianas (1967) e Los despiertos (1972). Foi nomeado Benemérito de las Letras Patrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Teórico da revolución, en 1960 uniuse ao proceso cubano impulsado por Fidel Castro e acompañou o Che a Bolivia, onde estivo preso entre 1967 e 1970. Ao seu regreso a Francia, foi unha figura importante do Partido Socialista Francés (asesorou o presidente Mitterrand entre 1981 e 1984). Escribiu, entre outras obras, La révolution dans la révolution (A revolución dentro da revolución, 1967), La guérilla du Che (A guerrilla do Che, 1974), Le pouvoir intellectuel en France (O poder intelectual en Francia, 1979), Critique de la raison politique (Crítica da razón política, 1981) e Loués soient nos seigneurs: une éducation politique (Loados sexan os nosos señores: unha educación política, 1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dayr al- Ǧ abrawī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de descerebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de descerebrar.

    2. Que ou quen non está ben da cabeza ou se comporta como tal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar anatómica ou funcionalmente o cerebro, de forma experimental ou espontánea, a causa de accidentes vasculares cerebrais ou traumatismos cranioencefálicos, que ocasiona un estado de coma e hipertonía xeneralizada, con rotación interna dos brazos e hiperextensión dos catro membros.

    2. Extraer o cerebro dun animal para realizar experimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar as febras dun tecido ou dun material semellante.

    2. Separar a febra da graxa.

    3. Desfacer algo en partes estreitas e delgadas.

    4. Saír as febras dun tecido ou doutro material.

    5. Desfacerse en partes estreitas e delgadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desvertebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desvertebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar as vértebras a.

    2. Desfacer as estruturas internas que mantiñan unido e daban estabilidade a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Ebra, diplomouse en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña (1991). A súa obra, de carácter realista, reflicte paisaxes, o mundo mariño e bodegóns. Traballou, principalmente, ao óleo, ao acrílico e á pluma. Colaborou como debuxante no traballo de investigación Estudio da arquitectura popular e etnografía de Castro Caldelas da Xunta de Galicia (1993). Entre outras mostras colectivas, participou na Colectiva de Pintura da Junta Municipal de Moncloa (Madrid, 1996-1997), na Feira do Debuxo e do Gravado da Xunta de Galicia (1998-1999-2000), no I Salón Vigart de Artes Plásticas de Vigo (1998) e na Feria de Artes Plásticas Arte na Estación (Vigo, 1998-2000-2001). Foi seleccionado nos Premios Ejército del Aire de Pintura en 1996 coa obra 1927, Vuelo sobre Lalín, adquirida polo exército, e en 1997 con Teoría de Vuelo, e no III Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1999) con Herdanza. Realizou exposicións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Díaz Ebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece de brácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está entre as febras dos músculos ou tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carne que está entre as costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ensaios escritos por José Ortega y Gasset e publicados en 1921 co obxecto de analizar as causas da crise política, social e espiritual que sufría España. Partindo do concepto de nación como entidade dinámica que existe, porque a colectividade actúa baixo postulados comúns, afirmou que España foi a creación de Castela e que a acentuación dos particularismos desde o s XVI foron os causantes da situación político-social española. Tamén elaborou unha teoría sobre a falta dunha elite intelectual dirixente e sobre as masas que compoñen a base numérica da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das pezas que, unha vez soldadas, forman o esterno dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de fío, seda ou outra materia que se usa para coser.

    2. Corpo de forma delgada e alongada semellante ao fío, especialmente o que posúen algúns vexetais.

      1. Carne magra ou que non ten graxa.

      2. Fibra de carne magra.

    VER O DETALLE DO TERMO