Díaz Ebra, Manuel
Pintor. Coñecido como Ebra, diplomouse en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña (1991). A súa obra, de carácter realista, reflicte paisaxes, o mundo mariño e bodegóns. Traballou, principalmente, ao óleo, ao acrílico e á pluma. Colaborou como debuxante no traballo de investigación Estudio da arquitectura popular e etnografía de Castro Caldelas da Xunta de Galicia (1993). Entre outras mostras colectivas, participou na Colectiva de Pintura da Junta Municipal de Moncloa (Madrid, 1996-1997), na Feira do Debuxo e do Gravado da Xunta de Galicia (1998-1999-2000), no I Salón Vigart de Artes Plásticas de Vigo (1998) e na Feria de Artes Plásticas Arte na Estación (Vigo, 1998-2000-2001). Foi seleccionado nos Premios Ejército del Aire de Pintura en 1996 coa obra 1927, Vuelo sobre Lalín, adquirida polo exército, e en 1997 con Teoría de Vuelo, e no III Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1999) con Herdanza. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo. Recibiu o I Premio de debuxo artístico do Instituto Politécnico de Ourense (1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nocelo, Porqueira