Debray, Régis
Debray, Régis
Filósofo e escritor. Teórico da revolución, en 1960 uniuse ao proceso cubano impulsado por Fidel Castro e acompañou o Che a Bolivia, onde estivo preso entre 1967 e 1970. Ao seu regreso a Francia, foi unha figura importante do Partido Socialista Francés (asesorou o presidente Mitterrand entre 1981 e 1984). Escribiu, entre outras obras, La révolution dans la révolution (A revolución dentro da revolución, 1967), La guérilla du Che (A guerrilla do Che, 1974), Le pouvoir intellectuel en France (O poder intelectual en Francia, 1979), Critique de la raison politique (Crítica da razón política, 1981) e Loués soient nos seigneurs: une éducation politique (Loados sexan os nosos señores: unha educación política, 1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París