"Egas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • Hilaire-Germain-Edgar de Gas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín cultural en galego editado polos alumnos do Colexio Universitario de Vigo en 1978. Contou coa colaboración de Víctor Freixanes, Camiño Noia, Enrique X. Macías, Alonso Montero e Felipe M. Marzoa, ademais do colectivo de poesía Rompente e o Cine-Clube de Vigo. Incluíu seccións dedicadas ao cine, ás letras, á música e á historia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada entre os anos 1980 e 1982 pola Federación de Asociacións Culturais Galegas. De tendencia nacionalista, incluía textos literarios, ensaios e artigos onde se analizaba a problemática lingüística galega. Entre os colaboradores destacan Avilés de Taramancos, Darío X. Cabana, Manuel Forcadela, Bernardiño Graña, Margarita Ledo, Manuel María, Xosé M. Martínez Oca, María Mariño, Marcos Valcárcel e Pilar Vázquez Cuesta. No eido gráfico cómpre salientar as contribucións de Laxeiro, Virxilio, Xaquín Marín, Xosé Lois, Pepe Barro, Elena Gago e Carlos Silvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Data consagrada á exaltación das letras e a lingua galegas instituída pola Real Academia Galega. A referencia cronolóxica para este evento foi a celebración do centenario da publicación do libro Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, por ser a obra que impulsou o renacemento da literatura galega contemporánea. A iniciativa partiu de Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo, que presentaron un escrito á corporación académica o 20 de marzo de 1963. Pedíase a perdurabilidade da conmemoración e o seu carácter anual, e un día oficial para homenaxear os autores e os libros en galego. Nunha xunta xeral a Academia resolveu o 28 de abril, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, data que coincide co día da dedicatoria por parte de Rosalía de Cantares Gallegos á tamén escritora Fernán Caballero. Dende entón, dedícase anualmente a unha figura relevante dentro das letras e cultura galegas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e escultores de orixe flamenga activa na Coroa de Castela. Hannequin Egas , activo entre 1448 e 1494, introduciu o gótico flamíxero en Toledo. Foi mestre de obras da catedral de Toledo (1448-1470) e traballou co seu irmán Egas Cueman no cadeirado do coro da catedral de Cuenca (1454). Egas Cueman (s XV) realizou os sepulcros de Gonzalo de Illescas (1458) e Alonso de Velasco (1467-1480) no mosterio de Guadalupe (Cáceres) e traballou na porta dos Leóns da catedral de Toledo. O seu fillo, Antón Egas , activo entre 1475 e 1530?, traballou nas catedrais de Toledo (1475), onde substituíu o seu pai como aparellador en 1495, e Segovia (1487). Entre as súas obras individuais destacan os trazados da igrexa do convento de Santa Fe de Toledo (1503) e os da colexiata de Torrijos (Toledo, 1509-1518). En 1510 trasladouse a Salamanca onde deu as trazas da catedral nova con Alfonso Rodríguez e, entre 1520 e 1525, traballou no mosteiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ecuatoriano. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de Quito, na Regia Scuola di Belle Arti de Roma e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Á súa formación europea engadiu o seu interese polo indíxena e as preocupacións sociais. Trasladouse aos EE UU en 1927 e foi director da escola de pintura da New School for Social Research (1935-1962). Trala crise de 1929, realizou lenzos sobre a vida nas fábricas, entre os que destaca La calle 14. Posteriormente, a súa obra derivou cara ao surrealismo e á abstracción. En 1981 inaugurouse o Museo Camilo Egas na súa cidade natal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista poética mensual publicada en Barcelona por Juan Ramón Masoliver, Fernando Gutiérrez e Diego Navarro. Incluíu todas as tendencias da poesía da posguerra dos anos 1944 a 1947. Colaboraron autores como Dionisio Ridruejo, Victoriano Crémer, Joaquín de Entrambasaguas, Leopoldo de Luis, José García Nieto, Vicente Aleixandre, Carmen Conde, César González Ruano ou Juan Eduardo Cirlot. Tirou do prelo 24 números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbiólogo. Doutorouse en bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (1982). Catedrático de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 2000, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, especialmente no cultivo e aproveitamento de microalgas mariñas. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Publicou numerosos artigos en revistas e capítulos para libros científicos, así como o libro Las microalgas como un eslabón de infraestrutura en la microbiología marina: aislamiento, caracterización, interacciones y aprovechamiento tecnológico (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e escritor. Participou no rexurdimento do teatro ibérico durante os anos sesenta e setenta. Ocupou diversos postos de responsabilidade no Institut del Teatre e no Servei de Teatre da Generalitat. Como crítico teatral destacan as súas colaboracións en La Vanguardia, Avui, Pipirijaina e El Público. Dedicado tamén á investigación teatral, destacan os seus estudios sobre a historia teatral, catalá e universal, ou o seu ensaio Introdución al lenguaje teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un cervo de sinople, atravesado por unha frecha, de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1980 na Coruña. Na súa redacción participaron Xosé Romero, Agustín Romero, Manuel G. Espiña, E. Vidal Abascal, José A. Gaciño, Juan Naya e Plácido Lizancos. Tentaba recoller información de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Moret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación xurdida no seo de Asociación Galega da Muller (AGM) trala Asemblea Nacional de 1978, que contiña diversas correntes ideolóxicas dentro do feminismo independente galego. Nos anos oitenta conformáronse dúas traxectorias diverxentes, unha arredor das figuras de Ana Fernández e Pascuala Campos, e outra de María Xosé Queizán, artífice da legalización das siglas do colectivo en 1989. A partir de 1983 editou a revista ES-TRAD;mso-fareast-language: Festa da Palabra Silenciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Nevada, EE UU (478.434 h [2000]). É un importante centro de diversión, con célebres casas de xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, capital da provincia de Albay (121.000 h [estim 1990]). É o porto principal da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade franciscano. Foi nomeado cronista da provincia franciscana de Santiago (1761) co cometido de continuar a obra de Xoán Antonio Domínguez, Árbol cronológico de la provincia de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa metalúrxica fundada en Narón por Bartolomé Freire en 1933. Naceu como almacén de ferro pero as súas actividades ampliáronse ao laminado de aceiro. En 1953 a familia Freire Lago potenciou a súa liña industrial coa creación da sociedade Metalúrgica Galaica SA (MEGASA). Recibiu a Medalla de Galicia de prata en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espícula de esponxa de gran medida.

    VER O DETALLE DO TERMO