Feministas Independentes Galegas
Feministas Independentes Galegas
Nome científico:
[FIGA]
Agrupación xurdida no seo de Asociación Galega da Muller (AGM) trala Asemblea Nacional de 1978, que contiña diversas correntes ideolóxicas dentro do feminismo independente galego. Nos anos oitenta conformáronse dúas traxectorias diverxentes, unha arredor das figuras de Ana Fernández e Pascuala Campos, e outra de María Xosé Queizán, artífice da legalización das siglas do colectivo en 1989. A partir de 1983 editou a revista ES-TRAD;mso-fareast-language: Festa da Palabra Silenciada.