feminino -na

feminino -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á femia.

    Sinónimos: feminil.
  2. adx [LING]
    1. Aplícase ao xénero gramatical que se opón, nunha clasificación de dous xéneros, ao masculino e, nunha clasificación de tres xéneros, ao masculino e ao neutro. Esta oposición fundaméntase no criterio semántico de ‘sexo’. En galego hai diversos morfos de feminino, opostos a un morfo cero (rapaz-rapaza) ou a un morfo masculino (gato-gata; presidente-presidenta). O xénero feminino tamén se pode marcar con morfos que producen unha variación no tema dalgúns substantivos ou adxectivos (heroe-heroína; bisector-bisectriz; tigre-tigresa; grou-grúa; irmán-irmá; lacazán-lacazana) ou a través do artigo que acompaña o substantivo (a artista).

    2. De xénero feminino.

      Ex: Substantivo feminino. Adxectivo feminino.