"Elat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 51.

  • Aparato empregado para medir a presión ou elasticidade dos vapores ou das mesturas gasosas utilizados nos motores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás elatináceas.

    2. Planta da familia das elatináceas.

    3. Familia de herbáceas ao que pertence o xénero Elatine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das elatináceas, de follas enteiras de ata 2 cm de lonxitude, con estípulas e flores solitarias -actinomorfas e sépalos soldados-, dispostas na axila das follas. Son plantas acuáticas, as máis das veces somerxidas, que están representadas en Galicia polas especies E. hexandra e E. macropoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás expresións superlativas. Por exemplo, friísimo e moi frío.

    2. Aplícase ao caso usado nalgunhas linguas, como pode ser o éuscaro, que expresa separación, función que, polo xeral, nas linguas romances se resolve cos nexos preposicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á erisipela.

    2. Que ou quen padece erisipela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficina situada na entrada das vilas na que se pagaban os dereitos de consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de xelatina e de glicerol que forma unha masa branda, consistente e transparente, que se emprega como excipiente na preparación de óvulos vaxinais e de cápsulas brandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de xelatina e glicerina que se emprega como base en pomadas ou supositorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido mandélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona amínica sintetizada a partir da serotonina, que é segregada principalmente pola glándula pineal dos vertebrados. Nos mamíferos inhibe moitas funcións endócrinas. A secreción da melatonina parece seguir un ritmo día-noite, e regula outras funcións fisiolóxicas que aparecen relacionadas con este ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Creador da sonda de goma que leva o seu nome, ideou un procedemento de extirpación dos tumores farínxeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao prelado ou á prelatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade e oficio do prelado.

    2. Organización de presbíteros, ou de presbíteros e laicos, que se rexe polos estatutos dados pola Santa Sé. O seu goberno confíaselle a un prelado como ordinario propio, para unha mellor distribución de presbíteros ou para levar a cabo obras peculiares misionais ou pastorais. Creación do novo dereito canónico, a primeira prelatura persoal erixida foi a do Opus Dei en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Complexo cíclico que resulta da interacción de ligandos bidentados ou multidentados con catións metálicos.

    2. Fenómeno que consiste nun grande aumento da estabilidade dos complexos de coordinación cando os seus ligandos son multidentados e orixinan quelatos, respecto a complexos moi semellantes con ligandos monodentados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expoñer un feito real ou imaxinario de forma oral ou escrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de relativo.

    2. Conxunto de postulados e formulismos que dan unha explicación do mundo físico máis ampla ca a denominada mecánica clásica, de acordo coas experiencias sobre o electromagnetismo desenvolvidas na segunda metade do s XIX. Foi exposta en 1905 por Einstein. A modificación dos conceptos tradicionais comezou coa discrepancia entre os postulados do movemento relativo newtoniano e o experimento de Michelson Morley (1881), que determinou a constancia da velocidade da luz no baleiro e a existencia do éter. H. Lorentz supuxo en 1895 que todos os corpos en movemento respecto ao éter teñen tendencia a contraerse no sentido do movemento, hipótese que non contradicía a mecánica clásica. A teoría da relatividade deduce a contracción de Lorentz a partir dun reformulamento dos conceptos de tempo e espazo da física clásica e establece que a propagación dunha interacción non é instantánea, como postula a mecánica clásica, senón que ten un valor finito, que é o da velocidade da luz, e é constante en todos os...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ou doutrina segundo a cal todo é relativo e, en consecuencia, non se pode coñecer nada dun xeito absoluto ou cun criterio estritamente obxectivo xa que o coñecemento vese como puramente relativo ao suxeito. Polo que respecta á ética, asúmese en sentido estrito, xa que o valor moral dunha acción ou decisión vese como dependente das circunstancias e relativo a elas. Nun sentido lóxico-epistemolóxico noméase a miúdo subxectivismo, e en relación a un suxeito humano xenérico denomínase antropoloxismo ou relativismo antropolóxico. No sentido xeral e cando se afirma radicalmente, conduce loxicamente ao escepticismo e, despois, ao nihilismo.

    2. Principio que sostén a igualdade intrínseca de todos os sistemas culturais e que os seus diferentes aspectos deben ser analizados segundo os patróns e os criterios propios da mesma cultura que os contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao relativismo.

      2. Seguidor do relativismo.

    1. Que se lle pode aplicar a teoría da relatividade.

    VER O DETALLE DO TERMO