"Elena" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 38.

  • Antropónimo feminino procedente do nome latino Helena ou Helene, tomado do grego ἑ λένη; probablemente proceda da fusión das palabras gregas helane ‘facho, tea’ e hele, heile ‘fulgor ou calor do sol’. Ten os hipocorísticos Lenuca e Lele. Na mitoloxía grega, Helena é unha das principais protagonistas da Ilíada de Homero, pois ao ser raptada por Paris, desencadeou a Guerra de Troia. Santa Helena (250-330?) é titular dunha parroquia e celébrase o 18 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla de Zeus e Leda, e irmá dos dióscoros e Climenestra. Cando Paris lle concedeu a Afrodita a mazá da discordia, a deusa prometéralle a Paris a muller máis fermosa do mundo, Helena. Como consecuencia, Paris embarcou cara a Esparta e alí, aproveitando a ausencia do seu home, Menelao, conseguiu raptala. Este suceso provocou a coalición das polis gregas contra a cidade de Troia, a expedición dos gregos contra Ílion e a razón de que os gregos loitasen durante dez anos cos troianos. Trala destrución de Troia, Helena volveu con Menelao a Esparta, de onde foi expulsada polos seus fillastros ao enviuvar.   A figura desta heroína inspirou numerosas obras literarias, artísticas e musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana. De nome Flavia Iulia Helena, foi concubina de Constancio I Cloro e nai de Constantino I o Grande. En 313 converteuse ao cristianismo, seguíu ao emperador a Palestina para buscar alí as reliquias de Cristo e ordenou a construción de basílicas en Roma, Constantinopla e Terra Santa. O seu fillo concedeulle o título de Augusta e gravou o nome dela nas moedas. Segundo a lenda, atopou a cruz de Cristo. Na iconografía viste como emperatriz romana con coroa real na cabeza, ou como as matronas romanas, con toucas mouras ou vestiduras de monxa, e leva como atributos persoais unha gran cruz, unha coroa de espiños e os tres cravos. É titular dunha parroquia e a súa festividade celébrase o 18 de agosto, e na Igrexa Bizantina o 21 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cabelos abundantes e longos dunha persoa.

    2. Pelo longo que teñen na cabeza algúns animais, como o león.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evacuación polo ano de sangue, dixerida, pegañenta e de cor negra, consecuencia dunha hemorraxia dixestiva alta, mesturada ou non co excremento, e dun aspecto semellante ao do alcatrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Koldo Mitxelena Elissalt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de   Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano rusa. Na década de 1970 logrou o éxito en EE UU coa súa actuación en Il Trovatore e na ópera de Molshanov Zori, zdes’ tikhiye (Aquí os amenceres son tranquilos, 1975). Da súa discografía destacan o Sansón e Dalila dirixido por D. Baremboim ou a obra Adriana Lecouvreur. Gañou o Festival Mundial da Xuventude de Helsinqui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Cagliari, situada na illa de Sardeña, Italia (67.275 h [2001]). Ten destilarías, fábricas de papel e extensas minas de sal nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora, filla de Xosé Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga. Vinculada a Galicia e con influencias de E. Pardo Bazán, nas súas obras presenta a temática da disolución da baixa nobreza rural e as relacións entre os señores e os criados. Escribiu La soledad sonora (1949), Viento del Norte (1950, Premio Nadal de Novela), La otra ciudad (1953), Tristura (1960, Premio de la Crítica Española), Presente profundo (1973) e Se acabó todo, muchacha triste (1977). Foi membro da Real Academia Española (1984). Recibiu a Medalla Castelao (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa volcánica do Atlántico suroriental, situada a uns 1.900 km da costa africana (122 km2; 6.000 h [estim 2001]). A súa capital é Jamestown. É colonia británica desde 1834, e lugar do exilio e morte de Napoleón (1815-1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política, enxeñeira e economista. Foi secretaria xeral de Comunicacións (1991-1996), presidiu o consello de administración de Correos e Telégrafos e a empresa Hispasat. Foi directora xeral da Fundación Teatro Lírico, encargada do Teatro Real e do da Zarzuela (1996), e de Lenci Consulting (1997-2002). Foi ministra de Sanidade e Consumo en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bióloga. Doutora en Ciencias Biolóxicas e catedrática de Xenética na facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora de Investigación e Relacións Científicas no vicerreitorado de Investigación e presidenta da comisión da Biblioteca e do Arquivo Histórico da universidade compostelá, en 2005 foi nomeada conselleira de Educación, en representación do PSdG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Formadora da Aula de Teatro Universitario de Ourense (1992), creou e coordinou a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) desde 1996 e coorganizou o Congreso Internacional de Teatro (2005) en Ourense. Membro de Sarabela Teatro, participou en diversas montaxes, como Farsas (1977), A esmorga (1996), O lapis do carpinteiro (2000) e Rolda de caricias (2004), e tamén en Leoncio e Helena (1993), co Centro Dramático Galego. Interveu nas series de televisión Pratos Combinados (1996, 2000 e 2001), A familia Pita (1996-1997), Terras de Miranda (2001, 2003 e 2004) e Los Serrano (2004). Recibiu o premio á mellor actriz secundaria (1995) por Cama (1994) e o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (2002) por Sexismunda (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de ácido selénico (H 2 SeO 4 ). Coñécense dous tipos: M<H>I</H> 2 SeO 4 e M<H>I</H>HSeO 4 .

    2. Dianión de ácido selénico, de fórmula SeO 2- 4 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral e cinematográfica. Coñecida como Francesca Bertini, entre 1912 e 1920 creou o mito da diva, tipo de “muller fatal” anterior ao da vamp. Da súa filmografía destaca L’Amazzone mascherata (1914), Amore di donna (1920) e Una Ragazza di Praga (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Viviu en París desde 1928. Naturalizada francesa, fuxiu da ocupación nazi e estableceuse en Rio de Janeiro (1940-1947). As súas obras caracterizáronse polas cores pálidas, os planos e os raiados e pódense integrar no surrealismo abstracto. Recibiu o Grande Prêmio de Pintura da IV Bienal de São Paulo (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Membro do colectivo poético Cravo Fondo (1977), participou na fundación do PEN Club de Galicia e preside a Fundación Casa-Museo de Rosalía de Castro. Publicou os poemarios Alalás (1972) e, en colaboración con X. Rábade Paredes, No aló de nós (1981, Premio Galicia) e O sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), ambos inmersos nun intimismo pesimista, no contorno característico da paisaxe galega. A estes seguíronlles Rosalía no espello (1985), Álbum de fotos (1999) e Nas hedras da clepsidra (1999, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1991). No apartado narrativo destacan as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con X. Rábade Paredes, e O enterro da galiña de Domitila Rois (1991), ademais dos libros infantís Patapau (1984), Viaxe á Illa Redonda (1987), Belidadona (2002), Na praia dos lagartos (2004) e Raúl (2005). No apartado de ensaio...

    VER O DETALLE DO TERMO