"Eos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo encargado da coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas. Ten a súa sede en San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Fundouse en 1983 trala celebración en 1981 do I Coloquio de Museos Galegos en Santiago de Compostela, primeira tentativa de cooperación entre os diversos museos de Galicia. O 21 de xullo de 1991 adquiriu estatuto legal e adheríronse dez museos; posteriormente, ampliouse a 23 os centros museísticos: Museo da Colexiata de Santa María do Campo, Museo de Belas Artes e Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón da Coruña; Museo das Mariñas de Betanzos; Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e Museo Historia Natural Luís Iglesias en Santiago de Compostela; Museo Provincial de Pontevedra; Museo Municipal Quiñones de Léon de Vigo; Museo Municipal de Ponteareas; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Museo Comarcal da Limia en Vilar de Santos; Parque Etnográfico do Río Arnoia en Allariz; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense;...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo poético xurdido en México entre os anos 1917 e 1931 ao redor da revista Contemporáneos (1928-1931). Formado por José Gorostiza, Xavier Villaurrutia, Gilberto Owen, Carlos Pellicer, Bernardo Ortiz de Montellano, Enrique González Rojo, Jaime Torres Bodet e Salvador Novo, entre outros, supuxo unha reacción con respecto ao modelo das vangardas históricas, representado en México polo estridentismo (1921-1927). A publicación de Canciones para cantar en las barcas (1925), de Gorostiza; Reflejos (1926), de Villaurrutia; e Desvelos (1926), de Owen, marcou a liña de actuación estética -á marxe das diversas traxectorias individuais-, que se consolidou coa aparición da Antología de la nueva poesía mexicana (1928), de Jorge Cuevas, considerada o texto fundacional da poética do grupo. Son poetas próximos á poesía pura cultivada en Europa no período de entreguerras, con preocupacións exclusivamente literarias e interese pola Arte Nova, que comparten un mesmo rigor crítico, o afán experimental e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barco preparado para atravesar mares nos que hai xeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido de olor aromático, fortemente refractario, que se localiza no alcatrán da madeira de faia. É o principal constituínte da creosota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso, mestura de fenois (creosol e guaiacol, fundamentalmente), obtido da destilación do alcatrán de madeira ou da hulla. A creosota da madeira, chamada tamén creosota oficinal, emprégase como antiséptico externo e como expectorante balsámico nas bronquites. A de hulla úsase como preservador da putrefacción da madeira e como saborizante.
-
-
de creosotar.
-
Que contén creosota.
-
Acción de creosotar a madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impregnar a madeira de creosota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicir inxurias contra algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inxuria ou ofensa verbal ou escrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de máis de 12 m de lonxitude. Propio de finais do Xurásico, do que os xacementos máis importantes están en Tanzania.
-
PERSOEIRO
Pintor romano. Nerón encargoulle unha copia da Afrodita Anadiomena de Apeles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da clase dos placodermos, de ata 3,5 m de lonxitude. Caracterizábanse por presentar unha coiraza ósea que lles cubría a cabeza e o corpo ata as aletas pectorais, ademais dunha cola longa rematada en punta. Propios de finais do Devónico, os xacementos máis importantes están en Marrocos, Bélxica, Polonia e América do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das apiáceas, de follas divididas en lacinias lineares, inflorescencias coas brácteas de involucro enteiro, e flores amarelas que dan lugar a froitos en mericarpos de ata 13 mm de lonxitude con 8 alas -as dorsais pouco desenvolvidas-. Na metade sur de Galicia está presente a especie E. gummiferum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento de compaixón do espectador ante os terribles trances e sufrimentos que deben atravesar os heroes na traxedia grega e, por extensión, en toda peza tráxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de reserva, rico en lípidos, que presentan na súa parte externa as sementes dalgunhas plantas de diseminación endozoocora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación da Aurora. Filla de Hiperión e Tía, pertence á primeira xeración divina, a dos titáns. Con Astreo enxendrou os ventos, Céfiro, Boreas e Noto, así como a estrela da mañá (Eósforo) e os astros. Represéntase como unha deusa que, cos seus dedos rosados, lle abre cada mañá as portas do ceo ao carro do Sol.
-
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Traballou para o elector de Brandenburgo, para Carlos XII de Suecia e para o elector de Saxonia. Realizou o seu labor, entre outros, no palacio de Charlottenburgo e no palacio real de Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante acídico, do grupo do trifenilmetano. Obtense por nitración da 4’,5’-dibromofluoresceína. Forma agullas vermellas insolubles na auga. Emprégase para tinguir de cor rosa o algodón, a la e a seda, tamén se utiliza na impresión de carteis, na fabricación de tinturas vermellas e en histoloxía para colorar epitelios, núcleos, fibras musculares e outras preparacións histolóxicas. Denomínase tamén eosina I ou eosina azul. Hai un tipo distinto de eosina, a eosina amarela, que ten os dous grupos nitro substituídos por dous átomos de bromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos, cando é maior ao 5% ou cando o número absoluto de eosinófilos no sangue é superior a 600 por mm3. Unha eosinofilia moderada dáse nas enfermidades alérxicas, en enfermidades da pel, nas parasitoses intestinais, en enfermidades autoinmunes, entre outras. Na triquinose, na ascariase, na síndrome hipereosinofílica e na leucemia por eosinófilos prodúcense eosinofilias moi importantes.
-
-
Relativo ou pertencente á eosinofilia.
-
Termo xenérico que se emprega para indicar un conxunto de procesos morbosos, causados pola acumulación excesiva de eosinófilos en diversos órganos, que cursan, ademais, con eosinofilia.
-