Dunkleosteus
Dunkleosteus
[PALEONT]
Xénero de peixes da clase dos placodermos, de ata 3,5 m de lonxitude. Caracterizábanse por presentar unha coiraza ósea que lles cubría a cabeza e o corpo ata as aletas pectorais, ademais dunha cola longa rematada en punta. Propios de finais do Devónico, os xacementos máis importantes están en Marrocos, Bélxica, Polonia e América do Norte.