Dunlap, William
Dramaturgo e pintor estadounidense. Está considerado como o creador da tradición dramática dos EE UU, pois adaptou, traduciu e escribiu máis de cincuenta obras, entre as que destacan The Father (O pai, 1799), The Glory of Culumbia (A gloria de Columbia, 1803) ou A Trip to Niagara (Unha viaxe ao Niágara, 1808). Como produtor e director do Park Theatre (1798-1805, 1806-1811) promoveu a posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores americanos que reflectisen temáticas locais e propias, como o nacemento e a construción da nova nación. Iniciou a súa carreira artística como pintor, logo de adquirir a súa formación académica en Inglaterra. Foi profesor de pintura na National Academy (1830-1839), participou na fundación da National Academy of Design (1826) e dirixiu a Academy of Beauty Arts (1817). Escribiu History of the Rise and Progress of the Arts of Design in the United States (Historia do nacemento e do progreso das artes do debuxo nos EE UU, 1834) e o volume History of the American Theatre (Historia do teatro americano, 1832).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Perth Amboy, New Jersey -
Deceso
Lugar : Nova York