"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao aire e á terra.
-
PERSOEIRO
Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Namibia, no período en que permaneceu baixo protectorado da República Sudafricana (1915-1990).
-
PERSOEIRO
Escultor grego a quen se atribúe o gladiador Borghese, conservado no Musée du Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor da escola aragonesa. Coñécese por unha das súas obras, o retablo de San Miguel de Ágreda (1519), de estilo tosco e expresivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pertencente ou propio do campo.
-
Sen cultivar, con desniveis ou vexetación abondosa que dificulta o paso.
-
Que nace e medra de xeito espontáneo.
-
Que vive en liberdade na natureza e sen someterse a normas sociais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polos Reis Católicos no ano 1475 a Alonso Ramírez de Arellano y Enríquez, Capitán Xeneral da fronteira de Navarra. Por enlace matrimonial (1670) pasou aos Manrique de Lara, condes de Frigiliana, e aos Carvajal, duques de Abrantes.
-
PERSOEIRO
Director dende 1985 do Institut Paleontològic Miquel Crusafont de Sabadell. Especialista en fauna de mamíferos fósiles nas bacías mediterráneas e en bioestratigrafía, na actualidade coordina diversos proxectos a nivel europeo sobre os cambios da fauna e do ambiente nos últimos quince millóns de anos. É autor de La evolución y sus metáforas (1995) e Memoria de la Tierra (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alcahest.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado por Paracelso a un elixir con propiedades terapéuticas, e por Van Helmont a un imaxinario disolvente universal, capaz de disolver todas as substancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxica feminina que consentiu en morrer no canto do seu marido Admeto para procurar a súa salvación, prometida por Apolo. Heracles penetrou nos infernos para rescatala. Eurípides, baseándose neste tema, escribiu a traxedia Alkestis (Alcestis, 438 a C). Tamén inspirou outras traxedias posteriores: Alceste (1709), de Martello, inspirada na obra clásica de Eurípides; Alcestis segunda (1798), de Alfieri, que fai da obra de Eurípides unha traxedia ao gusto neoclásico; Alkestis (1916), de von Hofmannsthal, que é a versión lírica do mesmo tema; Pérez Galdós procurou actualizar o conflito fundamental da traxedia e Racine deixou inacabado un intento de reelaboración da personaxe. É tamén o tema da ópera Alceste, de C. Gluck.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ciprés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Martín Bernat.
-
-
Dise do ollo prolongado presente nas dornas e noutras embarcacións, situado no extremo posterior á cana de temón, onde entra a parte alta da táboa vertical que guía á nave.
-
Furado da agulla por onde se enfía para coser.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Vigo. As súas armas levan, en campo de ouro, unha agulla de coser, de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación ou percepción dolorosa.
-
-
Nome dado polos árabes á principal obra de Ptolomeo, a Gran Sintaxe Matemática (? 150 a C), que posteriormente se adoptou en Occidente. Nesta obra, fundamental da astronomía antiga, deféndese un concepto global do Universo, realízase unha síntese do coñecemento adquirido na época e establécense as condicións precisas para a observación práctica do Cosmos. A principal idea sostida por Ptolomeo defendía que a Terra e o Universo son esferas concéntricas, feito polo que a Terra non se move, senón que é a bóveda celeste a que dá unha volta diaria ao redor dun eixe celeste. Contén, ademais, un catálogo de 1.022 estrelas. Está presente a influencia de Hisparco.
-
Escolma de observacións astronómicas.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e director de fotografía. Emigrou a Cuba ao rematar a Guerra Civil Española, para exercer alí a crítica cinematográfica e promocionar cineclubs. Posteriormente trasladouse a París, aló polo ano 1963. Pouco antes do 1970, principiou unha fecunda colaboración con realizadores franceses (Truffaut, Rohmer, Schroeder) e foi considerado un dos directores de fotografía máis innovadores do momento. Dentro do seu labor como director fotográfico destaca a súa participación en: La Collectioneuse (Rohmer, 1970), L’Enfant sauvage (Truffaut, 1969), General Idi Amin Dada (Schroeder, 1970) e Pauline à la Plage (Rohmer, 1983); mentres que do seu traballo nos EE UU destaca Kramer versus Kramer de R. Benton (Kramer contra Kramer, 1978) e Days of Heaven (Días de ceo, 1978), polo cal recibiu o Óscar á mellor fotografía en 1979. Tamén participou nos filmes Nun lugar do corazón (1984), Nadine (1987), Historias...
VER O DETALLE DO TERMO