Almendros, Néstor
Realizador cinematográfico e director de fotografía. Emigrou a Cuba ao rematar a Guerra Civil Española, para exercer alí a crítica cinematográfica e promocionar cineclubs. Posteriormente trasladouse a París, aló polo ano 1963. Pouco antes do 1970, principiou unha fecunda colaboración con realizadores franceses (Truffaut, Rohmer, Schroeder) e foi considerado un dos directores de fotografía máis innovadores do momento. Dentro do seu labor como director fotográfico destaca a súa participación en: La Collectioneuse (Rohmer, 1970), L’Enfant sauvage (Truffaut, 1969), General Idi Amin Dada (Schroeder, 1970) e Pauline à la Plage (Rohmer, 1983); mentres que do seu traballo nos EE UU destaca Kramer versus Kramer de R. Benton (Kramer contra Kramer, 1978) e Days of Heaven (Días de ceo, 1978), polo cal recibiu o Óscar á mellor fotografía en 1979. Tamén participou nos filmes Nun lugar do corazón (1984), Nadine (1987), Historias de Nova York (1989) e Billy Bathgate (1990). Nos últimos anos da súa vida realizou documentais de denuncia do castrismo e exerceu como director de fotografía en Hollywood.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Nova York