"Eugene" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 53.

  • PERSOEIRO

    Antropólogo e anatomista holandés. Profesor na Universidade de Amsterdam, traballou en Sumatra e Xava dende 1888 na procura do elo perdido entre o home e os simios. Entre 1891 e 1893 descubriu en Trinil (Xava) os restos dun homínido (un fémur, algúns molares e unha calota), que denominou Pithecanthropus erectus, de grande importancia no desenvolvemento da paleoantropoloxía. En 1895 volveu a Europa e defendeu os seus descubrimentos como probas da evolución humana e estableceu as bases da paleoantropoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coleccionista e crítico de arte francés. Foi autor, entre outras obras, de Manuel de l’Amateur d’Estampes (Manual do afeccionado ás estampas, 1881) e L’oeuvre complet de Rembrandt (A obra completa de Rembrandt, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oregon, EE UU, na marxe dereita do río Willamette, ao S de Salem (112.670 h [1990]). A base da súa economía é a industria, principalmente o sector alimentario. Do seu patrimonio cultural destacan o hotel The Smeede (1885), a estación do ferrocarril (1908) e o teatro MacDonald (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Principiou os seus estudios de arte no City College de Nova York; posteriormente trasladouse á Academia de Belas Artes de Múnic. De regreso aos EE UU, converteuse en pintor modernista, relacionouse co círculo de Stieglitz e foi cofundador da Photo-Secession. En 1906 trasladouse novamente a Alemaña, onde destacou como pintor de moda. Dende 1918 exerceu como profesor de fotografía artística na Kunstakademie de Leipzig. Nos seus traballos fotográficos combinou algunhas técnicas que aprendeu da pintura, pois manipulaba as súas imaxes co emprego de lapis, tinta e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Estudiou ciencias políticas en Praga, París, Hamburgo e Londres. Instalouse en EE UU e a partir de 1949 comezou a escribir e a editar as guías turísticas que levan o seu nome (Fodor’s Modern Guides).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro francés. Pioneiro na utilización do cemento armado e inventor da técnica do cemento pre-comprimido, destinado a mellorar o comportamento estático das estruturas. Aumentaba a elasticidade ao fixar á estrutura de aceiro unha multitude de fíos ou barras metálicas que comprimían previamente o cemento. Director técnico da Enterprises Limousin (1913-1928), proxectou pontes, hangares, pistas de aeródromos e pontes ferroviarias. Entre outros destacan os destruídos hangares de Orly (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, crítico de arte e novelista francés. Pintor académico, cultivou a paisaxe e as escenas de xénero. Foi un influínte crítico de arte e sustentou, en obra como Maîtres d’autrefois (1876), a autonomía da obra de arte e a importancia da realización técnica para xulgar a beleza e o valor estético dunha obra. Cultivou a novela romántica psicolóxica en Dominique (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartelista e deseñador suízo naturalizado francés. Iniciouse como arquitecto con Viollet-le-Duc. Como deseñador de carteis, vidreiras, mobles e xoias, participou na estética da art nouveau. Publicou un método de composición ornamental (1905) e creou un modelo de tipografía (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Coñecido como Paul Eluard, formou parte dos ambientes vangardistas do dadaísmo, e posteriormente contribuíu á fundación do surrealismo, Capitale de la Douleur (1926). En 1930 cambiou cara a unha concepción de carácter marxista, e durante a ocupación alemá a súa poesía púxose ao servizo da resistencia, Poésie et vérité (1942). Despois da guerra, expresou máis libremente os seus temas predilectos, o amor e a fraternidade humana, como reflicte a súa obra Poésie ininterrompue (1946). Postumamente, publicáronse obras como Derniers poèmes d’amour (1963) e Le poète et son ombre (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Gene Hackman, empezou a súa carreira no teatro, pero o seu éxito chegou con The French Connection (Oscar ao mellor actor 1971), Scarecrow (1973) e The Conversation (1974). A partir de aquí protagonizou moitas películas, como Night Moves (1975), Bite the Bullet (1975), Under Fire (1983), Mississippi Burning (1988), Another Woman (1988), Class Action (1991), Unforgiven (1992, Oscar ao mellor actor secundario 1993), The Birdcage (1996) e Runaway Jury (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como o barón Haussman, foi prefecto do departamento de Seine (1853-1869) e encargou os traballos da reestruturación urbanística de París: un esquema circular próximo ao urbanismo barroco, que satisfixo as necesidades hixiénicas e de orde pública. Intuíu a necesidade dun poder público forte para organizar as cidades modernas e as súas propostas influíron na formulación urbanística do resto de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo romanés. Con La cantatrice chauve (1950) inaugurou o que se deu en chamar teatro do absurdo, concretado en Les chaises (1952), Amédée ou comment s’en débarrasser (1954) e Le nouveau lacataire (1957). O pouco éxito que obtiveron estas obras foi compensado polo que acadaron, posteriormente, Rhinocéros (1959), Le roi se meurt (1962) e Le soif et la faim (1965). As primeiras, de xogo poético, gratuíto, fomentaban o elemento dramático sobre unha ausencia de asociación de ideas e de argumento inidentificable por un público desprevido. Nas seguintes aparece xa unha ideoloxía, uns símbolos, un gusto pola moral e a meditación filosófica, apreciables, sobre todo, en Jeux de massacre (1970) e Macbett (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Revitalizou o vaudeville. A agudeza da observación dos costumes e a estilización dos detalles ata o absurdo fano o creador dun universo teatral novo, onde o elemento visual e a preocupación pola linguaxe a través do xesto teñen bastante en común coa actual concepción do espectáculo teatral. Das súas obras destacan Le chapeau de paille d’Italie (1851) e Le voyage de monsieur Perrichon (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na escola de debuxo de Molenbeck e na Académie Royale des Beaux-Arts de Bruxelas. Expuso por primeira vez no Cerlce Voorwaarts en 1891. Enfermo desde neno, a súa obra manifestou unha visión pesimista da vida. Destaca Véspera da Folga (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudiou na Universidade de California, onde se doutorou en 1938. Foi profesor de física nas universidades de Columbia (1938), Stanford (1951) e Arizona (1974). Desenvolveu técnicas novas para examinar a estrutura fina do espectro do helio na rexión das microondas, e en 1947 descubriu algunhas diferencias coas predicións de Dirac, que forzaron a buscar refinamentos á teoría. Recibiu o Premio Rumford (1953) e foi nomeado membro da Academia Nacional de Ciencias de EE UU. En 1955 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento da desviación de Lamb no espectro do átomo, compartido con Polycarp Kusch, quen mediu un valor do momento magnético do electrón compatible con ditas desviacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor das universidades de Estrasburgo e Grenoble e director do Centro de Estudios Nucleares e do Instituto Politécnico de Grenoble. Recibiu o Premio Nobel de Física (1970), compartido con H. O. G. Alfvén, polas súas teorías sobre o antiferromagnetismo e o comportamento das sustancias ferrimagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Establecido en EE UU desde 1920, iniciouse como director en 1924, e dirixiu a orquestra de Nova York e a Minneapolis Symphony Orchestra. En 1938 sucedeu a L. Stokowski á fronte da Philadelphia Orchestra, que dirixiu ata 1980 e na que desenvolveu un son cálido moi característico, coñecido como son de Philadelphia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa achega ao teatro contemporáneo é comparable á de G. Eliot e J. Joyce en poesía e novela. De vida turbulenta, feito que se reflectiu na súa obra, foi decisivo para a súa carreira que o grupo de teatro Princetown Players estreara a súa obra Bound East for Cardiff (1916). Nos seus textos realiza un estudo naturalista das frustracións que determina o ambiente provinciano e reflicte a inspiración do expresionismo simbolista, todo isto adornado dunha prosa semipoética de enorme calidade. Na década de 1920 escribiu unha parte importante da súa produción, da que destacan as galardoadas co premio Pulitzer Beyond the Horizon (1920), Anna Christie (1922) e Strange Interlude (1928). O seu teatro posúe unha grande influencia de Strindberg e unha aplicación da psicoloxía para analizar os mitos clásicos e bíblicos. Foi un autor prolífico e escribiu sobre as conflitivas relacións familiares e o conflito entre idealismo e materialismo. Das súas obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a transmisión da calor e determinou, xunto con Fourier, a condutividade térmica de varias substancias (1841). Construíu tamén un galvanómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Foi discípulo de J. B. Dumas, con quen estudou as propiedades e a composición dos alcois (1835) e illou o uranio (1841). Publicou Traité élémentaire de manipulations chimiques (1836).

    VER O DETALLE DO TERMO