Dubois, Eugène

Dubois, Eugène

Antropólogo e anatomista holandés. Profesor na Universidade de Amsterdam, traballou en Sumatra e Xava dende 1888 na procura do elo perdido entre o home e os simios. Entre 1891 e 1893 descubriu en Trinil (Xava) os restos dun homínido (un fémur, algúns molares e unha calota), que denominou Pithecanthropus erectus, de grande importancia no desenvolvemento da paleoantropoloxía. En 1895 volveu a Europa e defendeu os seus descubrimentos como probas da evolución humana e estableceu as bases da paleoantropoloxía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Eisden

  • Deceso

    Lugar : Halen