"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Que leva ou conduce cara a dentro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica empregada para separar do sangue diversos compoñentes, que logo poden ser procesados con distintas finalidades, como por exemplo a eliminación de substancias tóxicas ou indesexables.

    2. Perda dun fonema ou dunha sílaba, ambos átonos, en posición inicial de palabra, a miúdo influída pola presenza habitual doutra palabra anterior, normalmente un artigo, ou pola impresión nos falantes, da existencia desta. Na fala viva vulgar é un fenómeno frecuente.

    3. Figura de dición, usada como licencia poética, que consiste na supresión dunha ou máis sílabas ao comezo dunha palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comporta dos muíños tradicionais que serve para permitir ou impedir o paso da auga, procedente da canle, poñendo o rodicio e o muíño en funcionamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cotexar os distintos pesos e medidas cos seus respectivos padróns.

    2. Marcar as medidas co selo oficial para indicar que foron cotexadas.

    3. Sinalar a alguén como o autor dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar costeiro onde poden fondear as embarcacións ou buques.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir trebellos caseiros de ferro, que xa non teñen uso, como tesoiras ou chaves para vendelos logo como ferralla.

    2. Converterse en ferrallos, obxectos de ferro inservibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aferrar ou aferrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suxeitar fortemente algo ou alguén para evitar que se mova ou caia.

    2. Non poder separarse ou desvencellarse de algo ou alguén.

    3. Defender unha opinión de xeito persistente.

    4. Utilizar algo ou alguén para chegar a unha finalidade.

    5. Fixar fortemente a áncora ou o rizo no fondo do mar.

    6. Unirse con forza, mediante ganchos de ferro, especialmente dúas embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estimular o movemento dos animais de carga pinchándoos cun aguillón.

    2. Cravar as abellas ou avespas o ferrete ou aguillón en alguén.

    3. Colocar no fuciño dun porco un arame ou ferrete para evitar que foce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aferrollar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pechar con ferrollo unha porta ou fiestra.

    2. Encerrar a alguén ou algo nun lugar ou prendelo con ferros.

    3. Encerrarse alguén nalgún lugar.

    4. Someter a presión ou escravitude.

    5. Gardar ou reunir algunha cousa, especialmente diñeiro e cousas de valor, con moito coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aferventar.

    2. Bebida consistente na mestura de leite, augardente e mel que se emprega como remedio contra o catarro.

    3. Viño quente con azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Darlle un lixeiro fervor a un líquido ou ao contido do mesmo.

    2. Meter as redes de pescar dentro da caldeira onde se van tinguir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afervoar.

    2. Que defende ou mantén as súas ideas ou crenzas fervorosamente.

    3. Que actúa con entusiasmo ou fervor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afervoar ou afervoarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumentar a febre.

    2. Infundir fervor ou entusiamo.

    3. Encherse de fervor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador da escola galego-portuguesa que desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do século XIII. Xa ninguén acepta a súa identificación co tamén trobador Afonso Fernandez Cubel, pois investigacións máis recentes ven nel a un nobre sevillano pertencente á familia dos Cebollilla; máis concretamente sería fillo de Hernán Cebollilla. Acompañou a Afonso Perez de Guzmán no último cuarto do s XIII no seu exilio africano. Frecuentou as Cortes de Afonso X e a do seu fillo Sancho IV, onde contactou con trobadores como Gonçal’ Eanes do Vinhal, Airas Nunez, Pai Gomez Charinho, entre outros. O da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmitiron baixo o seu nome dúas cantigas de amor, “Senhor fremosa, des quando vus vy” (na que se emprega o esquema métrico-rimático abbaacca, un dos máis practicados polos trobadores galego-portugueses) e “Muy gram sabor avedes, mha senhor”. Ademais, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúelle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, talvez de orixe portuguesa. Desenvolveu a súa actividade poético-musical a finais do século XIII ou nos primeiros anos da seguinte centuria, posiblemente nos círculos da Corte de Don Dinís. Aínda que unha parte da crítica especializada defendeu a súa identificación co nobre sevillano Afonso Fernandez Cebolhilha, a investigación actual considera, sen embargo, que se trata de dous autores diferentes. De condición cabaleiro, segundo indica a rúbrica atributiva “Afonso Fernandez Cubel caualeyro” que acompaña a súa cantiga nos manuscritos, o trobador posiblemente pertenceu a unha liñaxe de cabaleiros que, con este apelido, se asentaba no val do río Lima, no Alto Minho portugués. Os apógrafos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, só nos enviaron unha composición de Afonso Fernandez Cubel: unha cantiga de escarnio e maldicir, “De como mi ora con el-Rei aveo”. O texto, que tamén foi recollido na copia tardía do códice...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.

    VER O DETALLE DO TERMO