"Francia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 71.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (888-898) e conde de París. Tras ser recoñecido por Carlos III o Gordo como dux francorum venceu os normandos en Mountfacon (885) e foi coroado rei en Compiège (888). No ano 893 Carlos III o Simple obrigouno a compartir a coroa e recoñecelo como sucesor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1060-1108), fillo de Enrique I de Francia e de Ana de Kiev. Trala morte do seu pai, reinou ata 1066 baixo a rexencia da súa nai e do seu tío Balduíno V, conde de Flandres. Intentou ampliar os territorios de dominio real para o que se enfrontou ao duque de Normandie e ao conde de Flandres, Roberto I o Frisón, que o derrotou na Batalla de Kassel (1071). Foi excomungado en 1095 por repudiar a súa dona, Berta de Holanda, e polo seu posterior matrimonio con Bertrada de Montfort.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1179-1223), fillo de Luís VII e de Adela de Champagne. O seu reinado caracterizouse polos enfrontamentos constantes con Inglaterra, a súa participación na terceira cruzada (1191) e na cruzada contra os albixenses, e pola ampliación dos territorios do reino coas terras gañadas aos ingleses e aos condes de Flandres. Ademais, aumentou a autoridade real ao reducir o poder dos señores feudais, ao crear un consello asesor formado por membros da burguesía e ao reorganizar xudicial, financeira e administrativamente o goberno. Casou con Isabel de Hainaut, herdeira do condado de Artois e nai do seu herdeiro Luís VIII, e trala morte desta casou con Ingeborg de Dinamarca, de quen se divorciou, o que lle valeu o enfrontamento co Papa Inocencio III. Situou a capital do reino en París, onde fundou os Archives de France e construíu os primeiros edificios do Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1270-1285), fillo de Luís IX o Santo e de Margarida de Provenza. Participou en Tunisia na oitava cruzada, na que morreron o seu pai e o seu irmán. A morte dos condes de Toulousse en 1271 permitiulle engadir aos territorios da coroa Poitou, Auvernia, Aunis, o N de Saintonge, o condado de Tolousse e o señorío de Albi. Non obstante , cedeu ao papado o condado de Venaissin e a Inglaterra o Agenais e o S de Saintonge, a cambio de que o soberano inglés se declarase vasalo do rei de Francia. En política exterior apoiou ao seu tío Carlos I de Nápoles no seu enfrontamento co rei aragonés Pedro o Grande e casou ao seu fillo, o futuro Filipe IV de Francia, con Xoana I de Navarra. En 1284 enfrontouse no Rosellón e no Ampurdá a Pedro o Grande, que o acabou batendo no Coll de Panissars.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1285-1314) e de Navarra (Filipe III; 1284-1305), fillo de Filipe III de Francia e Isabel de Aragón. Casou en 1284 con Xoana I de Navarra e en 1286 foi coroado rei de Navarra. Polos tratados de Tarascó (1291) e Anagni (1295) concluíu as loitas cos aragoneses, que herdara do seu pai. Entre 1294 e 1296 enfrontouse aos ingleses e recuperou Guyenne e Gascogne, e no 1300 ao conde de Flandres, que foi liberado polos seus exércitos trala Batalla de Courtrai (1303). Estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VIII por causa da bula Clericis Laicos (1296), que prohibía o pago de impostos ao poder civil por parte do clero. Impediu a saída das rendas francesas do papado e a entrada do clero nos Estados Xerais, ao que lle valeu a excomuñón. En 1312 obrigou ao papado a suprimir a orde militar dos Templarios e confiscou os seus bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1316-1322) e de Navarra (Filipe III; 1316-1322), segundo fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra. Nomeado rexente trala morte do seu irmán Luís X (1316), foi consagrado rei en Reims (1317), ao morrer o fillo póstumo deste. Someteu os borgoñóns e os champañeses (1318), e detivo a Guerra de Flandres (1320). Realizou reformas da administración e intentou unificar, sen éxito, as cuñacións e o sistema de pesas e medidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1328-1350), fillo do conde Carlos de Valois e de Margarida de Nápoles, e neto de Filipe III de Francia. Nomeado rexente á morte de Carlos IV o Fermoso (1328), foi proclamado rei pola corte e os baróns e con el iniciouse a dinastía Valois, liña secundaria dos Capetos. Durante o seu reinado comezou a Guerra dos Cen Anos, na que foi derrotado en Esclusa (1340) e Crécy (1346), perdeu Calais (1347) e adquiriu o Delfinado (1343) e Montpellier (1349). No eido económico devaluou a moeda e introduciu un novo imposto sobre o sal co fin de facer fronte aos elevados custos da guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental que limita ao NL con Bélxica e Luxemburgo, ao N co mar do Norte e co Canal da Mancha, ao O co Océano Atlántico, ao S con España e o Mar Mediterráneo e ao L con Suíza, Italia e Alemaña, onde o Rin constitúe parcialmente a fronteira (543.965 km2; 58.735.000 [estim 2000]). A Francia metropolitana, que se estende entre os 51° e 42° de latitude N e os 5° de lonxitude O e 8° de lonxitude L, tamén inclúe a illa de Córsega, no Mar Mediterráneo. Ademais posúe a soberanía sobre territorios de ultramar (Guyana Francesa, Martinica, Guadalupe, Wallis-et-Futuna e a Illa Reunión), dependencias territoriais (Saint-Pierre et Miquelon, Mayotte, Nova Caledonia, Polinesia Francesa), e terras antárticas. A capital é París.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Francia é sobre todo un país de chairas, de baixos altiplanos e de serras medianas. As catro quintas partes do territorio non sobrepasan os 500 m de altitude e menos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Raibolini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Gaspar Rodríguez Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco di Cristofano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto de oïl, falado na Île-de-France, base do francés literario moderno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hércules Francisco d’Anjou.
-
PERSOEIRO
Rei de Francia (1515-1547), duque de Milán (Francisco II; 1512-1521 e 1524-1525) e conde de Angulema (1496-1547), fillo de Carlos de Orleans e de Luísa de Savoia. Herdou a coroa do seu curmán Luís XII e casou con Claudia, filla deste e de Ana de Bretaña, de xeito que integrou definitivamente o ducado de Bretaña na coroa francesa. Iniciou o seu reinado enfrontándose a Carlos I en Italia, onde obtivo o ducado de Milán. Trala morte do Emperador Maximiliano I (1519), presentou a súa candidatura á xefatura do Sacro Imperio Romano Xermánico, pero os príncipes alemáns escolleron a Carlos V, que se converteu no seu principal rival. En 1525, o emperador apresouno en Pavia e asinou un tratado polo que renunciaba a Nápoles, Milán e Xénova e cedía Borgoña. Posteriormente, continuou o enfrotamento aínda que polo Tratado de Cambrai (1529) renunciou ás súas pretensións en Italia a cambio da soberanía de Borgoña. Retomou as hostilidades ata que pola Paz de Crépy (1544) renunciou definitivamente a Nápoles...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1559-1560), fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. En 1558 casou con María I de Escocia e delegou o goberno de Francia nos duques de Guisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral aparecida en París a partir de xuño de 1959. Cesou en breve tempo. Editada pola Casa de Galicia da capital francesa, trátase dunha das primeiras publicacións galegas creadas en Francia.
-
PERSOEIRO
Príncipe francés. Duque de Anjou (1608-1626), de Orléans (1626-1660) e de Valois, fillo de Enrique IV de Francia. Conspirou sen éxito contra o cardeal Richelieu e trala morte deste reconciliouse co seu irmán Luís XIII. Lugartenente xeral do reino durante a minoría de idade de Luís XIV, conspirou durante a Fronda, polo que o cardeal Mazzarino o recluíu no castelo de Blois (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque (956-987) e rei de Francia (987-996), fillo de Hugo II de Borgoña. De nome Hugo Capeto, posuía diversos feudos ao redor de París e Orléans que lle permitiron, trala morte do derradeiro rei carolinxio Luís V (987), gañar a elección ao trono. Foi o iniciador da dinastía dos Capetos no trono francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, filla de Luís IX de Francia. Casou en 1258 con Teobaldo de Champagne. En 1269 participou nunha cruzada contra os musulmáns en Tunes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra, filla de Filipe IV de Francia e Xoana I de Navarra. Casou con Eduardo II de Inglaterra (1308), enfrontouse aos Despenser, favoritos do rei (1320), e tivo que fuxir a Francia (1325). Retornou a Inglaterra en 1326 para depoñer o rei (1327) e foi rexente do seu fillo, o futuro Eduardo III de Inglaterra, ata que este a desterrou en 1330.
VER O DETALLE DO TERMO