"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Rexistro das actividades locomotrices dun animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina coa que se indica que unha cousa non se vai realizar nunca, xa que en Grecia non existían as calendas (división do mes romano). Conta Suetonio (s I-II d C) que a empregaba moito Augusto na conversa familiar para dar a entender que alguén nunca pagaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame do frotis do suco ganglionar, extraído por punción dun ganglio linfático, que consiste no cómputo de células no microscopio óptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sánscrito do Libro orixinal das escrituras sagradas do sikhismo que comezou a compilar en panxabí, antigo hindú occidental, marathí e persa o gurú Arjan Dev no ano 1064. Esta compilación continuárona os seus sucesores de Arjan, entre os que cómpre destacar a Angad.   Comprende escritos e ditos dos gurús, santos e sabios anteriores a Nānak e contén 3.384 himnos. É obxecto de culto reverencial nos templos sikhs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía tomada dende un avión ou outro vehículo aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica de pintar, decorar ou debuxar con aerógrafo. Empregada inicialmente no retoque de fotografías e na pintura de mobles e coches, utilízase por primeira vez no grafismo no ano 1920 por Herbert Bayer.

      2. Produto obtido por este procedemento.

    1. Técnica de aplicación das pinturas con pistola de pintar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aerografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello que, pola acción do aire comprimido, pulveriza e proxecta líquidos como tinturas, materiais de recubrimento ou sólidos coloreados en po. Emprégase para retoque de fotografías, en decoración, en pintura -onde se chama pistola de pintar-, en plastificación e noutras actividades.

    2. Ferramenta dispoñible nalgúns programas informáticos de pintura ou tratamento fotográfico que simula o efecto dun aerógrafo. Os bordos que crea son suaves e as cores son translúcidas. Pódese controlar a suavidade dos bordos, o tamaño de modelo de pulverización e o grao de opacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carta expedida por avión. O termo aplícase especialmente a unha carta consistente nunha folla de papel lixeira que unha vez pregada é ao mesmo tempo carta e sobre. O franqueo, prepagado, está impreso na mesma folla.

    2. Diagrama aerolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que mide os cambios de volume do tórax durante a respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está adornado con filigranas.

    2. Que é pequeno, fino e delicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1211-1223). Fillo de Sancho I e de Dolza, filla de Ramón Berenguer IV. Consolidou a estrutura xurídica do seu reino, ditando unha serie de leis, tanto en materia civil -era contrario ás rendas eclesiásticas- como penal, de grande importancia, motivos que o enfrontaron coa Igrexa, que o excomungou posteriormente. Conquistou Alcácer do Sal que estaba en poder dos musulmáns (1217).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia Asturias e León (866-910). Fillo de Ordoño I, que o elixiu para sucedelo nomeándoo Rei de Galicia. Este feito ocasiona a sublevación dos condes galegos Hermenexildo, que trataba de usurparlle a coroa, e o lucense Froila Vermúdez, que o acada, facéndoo fuxir a Castela; os propios homes do usurpador asasínano e proclaman Rei a Afonso. Ao longo do seu Reinado sucedéronse en Galicia as revoltas na súa contra: no 866 será novamente Hermenexildo quen se rebele; derrotado, perde os seus bens, doados polo Rei en agradecemento á basílica compostelá. Consonte o pulo que a Córdoba musulmá acadara, que obrigaba ao pago de diversas imposicións aos reinos cristiáns e á intervención na súa política interna, Afonso decidiu axudar no 873 aos Banū Qasī fronte ao Emir de Córdoba, Mu ḥ ammad I. No 876 aliouse co muladita de Mérida, ibn Marwān, vencendo entrambos o exército cordobés. No 877, ibn Marwān abandonou Badajoz poñéndose baixo a protección do rei cristián. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica do conxunto das rexións de África ao sur do Sáhara. Caracterízase por unha homoxenidade biolóxica (grupos humanos bantús, guineanos, pigmeos, khoisánidos, etc) e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso Nacional Africano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • reactor nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘campo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de parcelas de labradío pertencentes a varios propietarios e pechadas por un valado común. Os usos colectivos rexen a actividade nas parcelas da agra, que non teñen cercas interiores, e determinan o tipo e a alternancia de cultivos así como os ritmos dos traballos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, na parroquia de Dorrón (Sanxenxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO