Ādi-granth
Ādi-granth
[RELIX]
Nome sánscrito do Libro orixinal das escrituras sagradas do sikhismo que comezou a compilar en panxabí, antigo hindú occidental, marathí e persa o gurú Arjan Dev no ano 1064. Esta compilación continuárona os seus sucesores de Arjan, entre os que cómpre destacar a Angad. Comprende escritos e ditos dos gurús, santos e sabios anteriores a Nānak e contén 3.384 himnos. É obxecto de culto reverencial nos templos sikhs.