adhesivo -va
(< lat adhaesum superlativode adhaerēre ‘adherir’)
-
adx
Que ten a propiedade de adherir, capaz de se adherir, relativo á adhesión.
Ex: Gracias ás súas propiedades adhesivas conseguimos pegalo ben.
-
s
m
[GRÁF]
Etiqueta impresa autoadhesiva de tamaño e forma variables, engomado no anverso ou reverso que inclúe unha mensaxe e/ou un recordatorio da marca. Emprégase a miúdo con fins publicitarios, reivindicativos ou outros.
Ex: Recollín moitos adhesivos nos postos de libros da feira.
-
s
m
[TÉXT]
Obxecto que se emprega para pechar as aberturas das prendas e que se usa moito como substituto dos botóns ou para poñer ombreiras ou en roupa de bebés (camisiñas, cueiros, panos de envolver, etc). Nos últimos anos proliferou o seu uso e multiplicáronse as súas aplicacións: equipamentos deportivos, correas de reloxos e zapatería, entre outros.
Ex: Pégalle ben os adhesivos para que non pase frío.
-
s
m
[MED]
Substancia empregada en terapéutica para unir as beiras dunha ferida, fixar unha cura ou preservar as superficies corporais dos roces de elementos externos. Os adhesivos máis coñecidos son o esparadrapo e o colodión.
-
-
s
m
[TECNOL]
Substancia non metálica capaz de manter unidas as superficies de dous sólidos en contacto, grazas á adhesión entre a substancia e o sólido e a súa propia cohesión.
-
adhesivo orgánico animal
Adhesivo formado por proteínas. Os máis correntes son as colas, obtidas por hidrólise do coláxeno de peles e ósos de animais. As colas de peles dan adhesións máis fortes que as de ósos; son empregadas en cintas e etiquetas engomadas. Cabe mencionar tamén a cola de peixe e a caseína.
-
adhesivo orgánico vexetal
Adhesivo preparado a partir de substancias vexetais a través de procesos relativamente simples. Os máis importantes son: o amidón, a dextrina e as gomas naturais como a arábiga.
-
adhesivo inorgánico
Adhesivo preparado a partir de substancias inorgánicas. Os máis empregados son os silicatos sólidos, polo seu baixo prezo. Os máis alcalinos teñen poder mollador elevado e baixa viscosidade; os máis ricos en silicio sécanse antes. Son moi empregados para o cartón e a madeira.
-
adhesivo sintético
Adhesivo preparado a partir de materiais sintéticos. Poden ser a base de caucho, de resinas termoendurecibles ou de resinas termoplásticas. Os preparados con caucho preséntanse en forma de látex ou -máis frecuentemente- en forma de disolución. As resinas son engadidas para dar mordente. Os cauchos máis utilizados son o nitrilo, o de isobutileno, o de estireno-butadieno, o natural, o de polisulfuros e o de clorobutadienos. As principais aplicacións son nas industrias do automóbil, da construción, do calzado, téxtil, do coiro, do papel e na propia industria do caucho. Os adhesivos a base de resinas termoendurecibles empregan sobre todo as seguintes resinas: resinas fenólicas de fenolformaldehído, estables, sólidas e en solución, reticulables pola calor ou con catalizadores alcalinos; resinas fenólicas de resorcinol-formaldehído, que reticulan a temperatura ambiente; resinas epoxi, que reticulan con catalizadores alcalinos e manifestan unha excelente adhesión a superficies moi lisas tales como o vidro e metais; e resinas amínicas (de urea-formaldehído, de melamina ou outras). Os adhesivos a base de resinas termoplásticas son feitas sobre todo, con resinas vinílicas. O (poli)ácido de vinilo emprégase para embalaxe, madeira, téxtiles e demais. O alcohol polivinílico permite obter adhesivos que despegan facilmente en remollo, son brillantes e non enganchan en seco por presión.
-
s
m
[TECNOL]