"Goa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 107.
-
LAGOAS
Lagoa da parroquia de Loentia (concello de Castro de Rei), no límite coa de Xustás (Cospeito). Está situada sobre as terrazas pleistocenas do río Lea, afluente do Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Médico psiquiatra. Estudiou medicina en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1942. Discípulo de Pérez Villamil, foi profesor de medicina legal e de psiquiatría na facultade de Medicina de Santiago de Compostela. No ano 1953 doutorouse na Universidad de Madrid coa tese La Psiquiatría en la medicina popular gallega. En 1959 obtivo a praza de director-médico do Sanatorio Psiquiátrico de Toén, facendo deste centro a escola oficiosa da maioría dos especialistas de Galicia. Enlazou coas correntes da nova psiquiatría que difundiu por Galicia como continuador da obra de Pérez Villamil e converteuse na principal referencia da psiquiatría moderna en Galicia. En 1970 abandonou a docencia universitaria. Entre as súas múltiples iniciativas destacou, a principios dos anos setenta, o seu documento de reforma de hospitais psiquiátricos de Galicia, un primeiro plan para transformar os dispositivos psiquiátricos das deputacións galegas. O seu prestixio internacional levouno a visitar as...
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Lagoa litoral situada entre as parroquias de Corrubedo, Olveira e Artes, no concello de Ribeira, que forma parte do conxunto ecolóxico que abrangue o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Recibe auga dos regos da Cidade e de Arlés, e dos ríos Sirres e Longo.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Profesor na Escola de Minas, foi inspector xeral de minas e sucedeu a Casiano del Prado na dirección das minas de Almadén. Publicou, entre outras obras, Memoria sobre las minas de estaño situadas en las provincias de Pontevedra y Orense (1847).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sacar a auga dun pozo por medio dunha canle que lle dea saída.
-
Chover con moita intensidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
degoirado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
degoirar.
-
LAGOAS
Lagoa litoral na costa da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol, pechada por un cordón litoral de praia e sistema dunar de cronoloxía cuaternaria. A lagoa constitúe un importante refuxio para aves, particularmente interesante porque se mantivo á marxe da explotación humana, grazas a que a Mariña española posúe a propiedade das terras que a rodean.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bagoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
físgoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de poemas da autoría de Manuel Luís Acuña publicado pola editorial Nós en 1933 baixo o título Fírgoas. Poemas (1930-1931) e que tivo unha segunda edición no ano 1979 que incluíu nove composicións máis. O libro está cheo de pegadas hilozoístas e doutras tendencias da vangarda, mesturadas con elementos clásicos e influencias de escritores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Amado Carballo.
-
-
Abertura estreita e longa que se forma nun corpo sólido.
-
Pequeno espacio que queda entre dúas cousas que están xuntas, por non axustarse a unha á outra.
-
-
LAGOAS
Ou de Valdoviño Lagoa litoral formada na desembocadura do río Vilar, pechada pola barra areosa da praia da Frouxeira. A lagoa serve de límite ás parroquias de Lago e Valdoviño (concello de Valdoviño) e cobre unha superficie de 0,8 km2. Constitúe un importante refuxio de aves mariñas (garzas, parrulos, corvos mariños, gaivotas, etc). Foi declarada Espacio Natural en Réxime de Protección Xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio da India, situado na costa occidental do país (3.702 km2; 1.235.000 h [estim 1994]). A capital é Panaji. O principal recurso económico é a agricultura, consistente en cultivos de arroz nos vales e plantacións de cocos nas vertentes. Ten minas de manganeso e ferro. A industria téxtil (principalmente algodón) é escasa. Ocupada polos portugueses en 1510, foi a capital das posesións portuguesas na India e sede
VER O DETALLE DO TERMO -