"Guillermo" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Abandonou os estudos de arquitectura para dedicarse á pintura. A finais da década de 1960 entrou en contacto cos artistas do neofigurativismo madrileño, polo que progresivamente foi abandonando o xeometrismo das súas obras. Viaxou por Italia (1975), feito que tamén influíu na súa pintura, na que introduciu elementos mitolóxicos e recursos manieristas, en moitas ocasións integrados en composicións arquitectónicas. Realizou os frescos da Cámara de Comercio de Sevilla e os do teito do Pabellón de Andalucía, na Expo’92. As súas obras, de forte colorido e luminosidade, representan a personaxes que se moven en complexas escenografías teatrais, que unifican interiores con exteriores. Destacan Grupo de personas en un atrio o alegoría del arte y la vida o del presente y el futuro (1975-1976), Escena de los personajes a la salida de un concierto de rock (1979) ou Figura reclinada veneciana moderna (2004). Realizou tamén gravados, deseños de mobles, decoracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1969) e doutor pola mesma Universidade (1972), cunha tese sobre as construcións perifrásticas verbais en galego contemporáneo, é catedrático de Lingua Castelá da Universidade de Santiago de Compostela (1981). Ocupou os cargos de vicerreitor e decano da facultade de Filoloxía desta universidade. Foi coordinador da área de estudos lingüísticos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde dirixiu diversos proxectos de investigación como o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) ou Tradución Automática Español-Galego. Tamén dirixiu o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1994). Membro da Real Academia Española (2001) e secretario (2003), exerce como coordinador executivo do Corpus de Referencia del Español Actual (CREA) e do Corpus Diacrónico del Español (CORDE) e como investigador principal do Corpus del español sintácticamente anotado (2001-2004). Publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor panameño. Coñecido como Tristán Solarte. Exerceu o xornalismo de opinión en La Prensa, polo que foi perseguido durante a ditadura. Da súa obra destacan as novelas El guitarrista (1951) e El ahogado (1957), e o poemario Vienen de lejos (2001), cos que conseguiu o Premio Nacional de Literatura Ricardo Miró. No campo do ensaio político publicou Noriega y la decapitación de Hugo Spadafora (2002). É membro da Academia de la Lengua panameña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Histoloxía e Embrioloxía da facultade de Medicina da Universidad de la Laguna, investigou sobre neuropatoloxía, neurihistoloxía ou citoloxía en condicións normais ou patolóxicas. Dirixiu a sección de histoloxía da revista Morfología Normal y Patológica da Universidad de la Laguna e publicou numerosos traballos como Histología de la piel y sus anexos (1976), Neurohistoloxía (1976) ou Anatomía patológica (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xosé Guillermo, a súa obra é de raíz expresionista e mostra, en ocasións, a influencia do muralismo mexicano. Nos debuxos emprega as cores intensas e achégase, ás veces, ao surrealismo pero sen afondar no onírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico literario e ensaísta. Teórico do ultraísmo, das súas obras destacan Manifiesto vertical ultraísta (1920), Hélices (1923), Literaturas europeas de vanguardia (1925) e Minorías y masas en la cultura y el arte contemporáneo (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Artista impresionista, a súa obra destacou polo intimismo, o dominio do debuxo, e os retratos realizados en tons ocres. Pintou Estudio, Doñana e Marina. Recibiu a medalla de bronce da Exposición Nacional de Bellas Artes (1948) e a de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO