Pérez Villalta, Guillermo
Artista plástico. Abandonou os estudos de arquitectura para dedicarse á pintura. A finais da década de 1960 entrou en contacto cos artistas do neofigurativismo madrileño, polo que progresivamente foi abandonando o xeometrismo das súas obras. Viaxou por Italia (1975), feito que tamén influíu na súa pintura, na que introduciu elementos mitolóxicos e recursos manieristas, en moitas ocasións integrados en composicións arquitectónicas. Realizou os frescos da Cámara de Comercio de Sevilla e os do teito do Pabellón de Andalucía, na Expo’92. As súas obras, de forte colorido e luminosidade, representan a personaxes que se moven en complexas escenografías teatrais, que unifican interiores con exteriores. Destacan Grupo de personas en un atrio o alegoría del arte y la vida o del presente y el futuro (1975-1976), Escena de los personajes a la salida de un concierto de rock (1979) ou Figura reclinada veneciana moderna (2004). Realizou tamén gravados, deseños de mobles, decoracións e escenografías como a de El último desembarco, de Fernando Sabater. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1985) e a Medalla de Andalucía (1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tarifa