"INTA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
-
Xesto ou movemento evasivo que un xogador fai coa intención de descolocar o contrario que o marca.
-
Golpe simulado do boxeo que ten por obxectivo abrir a defensa do contrario.
-
Movemento de esgrima executado co corpo ou coa arma para enganar o contrario e poder tocalo cun segundo movemento cando este intenta parar o falso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer alguén unha finta.
-
PERSOEIRO
Xornalista e dramaturgo. A súa obra destaca por ter incorporado elementos vangardistas que van do surrealismo ao absurdo e pola presentación de temáticas de actualidade como as relacións de parella, sen renunciar a unha denuncia da situación política de finais dos sesenta e principios dos setenta. Escribiu Ocio, celo, pasión de Jacinto Disipado (1970), Gioconda-Cicatriz (1970), El taxidermista (1978) ou La sangre del tiempo (1980). A compañía Teatro de Ningures escenificou en 1986 o seu texto As mans limpas, con dirección de Manuel F. Vieites.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mo-vemento e organización política chinesa fundada por Sun Yatsen. As súas orixes estaban na Xing Zhonghui (Asociación para a restauración de China), creada polo mesmo Sun Yatsen en 1895 e que en 1905 se converteu na Zhonggao Tongmenhui (Alianza Chinesa), organización antidinástica, republicana e demócrata. Trala Revolución de 1911 transformouse nun partido nacionalista e burgués, e tomou o nome de Guomindang. Prohibido coa disolución do Parlamento (1913), converteuse, en Xapón, no Zhoughua Guomindang (Partido Revolucionario Chinés), e en 1919 Sun Yatsen volveulle dar o nome de Guomindang (Partido Nacional). A principios da década de 1920 aliouse co Partido Comunista de China, co que emprendeu a loita contra os señores feudais do N, pero trala morte de Sun Yatsen, o novo líder Chiang Kai-shek constituíu un goberno provisional en Nanquín aliado cos sectores conservadores e enfrontado ao PCCh, co que chegou novamente a un acordo trala invasión xaponesa. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase, en glosemática, á función que se establece entre dous elementos que pertencen a un mesmo sintagma, como pode ser a relación entre o xénero e o número no substantivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que escapa ao sentido do tacto.
-
-
Non tocado.
-
Que está sen alterar, usar ou empezar.
-
Aplícase a unha cuestión ou a un tema do que non se falou ou tratou.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de intanxible.
-
-
Que non se debe ou non se pode tocar.
-
Que é inviolable e obxecto de máximo respecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guomindang.
-
GALICIA
Relixioso. Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1985 e traballou como secretario nas representacións pontificias de Madagascar, Filipinas e India. En 1989 foi designado asesor para asuntos xerais do Secretario de Estado, en decembro de 2002 arcebispo de Agropolis e en 2003 nuncio apóstolico en India e Nepal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Ordenouse sacerdote (1951) e foi fundador e promotor do proxecto educativo Escuela de Pensamiento y Creatividad (1987). Publicou Metodología de lo suprasensible (1963), Análisis estético de obras literarias (1982) e El Espíritu de Europa: claves para una reevangelización (2000). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (1986), pertence ao Consello Directivo do Council for Research in Values and Philosophy (Washington) e foi cofundador e colaborador do Seminario de Filosofía Xabier Zubiri.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter literario publicada en Santiago de Compostela a partir de xuño de 1987. Apareceu co subtítulo “Revista galega de creación” e cunha periodicidade irregular, tirou dous números en outubro de 1987 e outro en 1988. Dirixida por X. C. Quiroga, o seu equipo de redactores estivo integrado por Pepe Bouzas, Camilo Franco, Mª Xesús Xiráldez e Juanjo Jiménez, entre outros. Dedicoulle amplos espazos á creación, á poesía e á crítica, cunha especial atención á literatura portuguesa. Incluíu entrevistas, artigos e bibliografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á morfosintaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da gramática que estuda as regras da estrutura interna dos vocábulos (morfoloxía), así como as regras combinatorias dos sintagmas na frase. O enfoque conxunto do estudo da morfoloxía e a sintaxe fundaméntase na dificultade que presenta a delimitación dos campos das dúas partes tradicionais da gramática, debida especialmente á imprecisión dos límites do concepto de voz. Disto deriva que dentro dun criterio común, máis ou menos formal ou funcional e que caracterizou a lingüística europea e a norteamericana, exista unha tendencia a integrar a morfoloxía e a sintaxe nunha unidade superior morfosintáctica ou sintagmática.
-
GALICIA
Xornalista. Redactor do xornal Arriba, foi subdirector e director da revista Interviú. Guionista de radio e televisión, foi colaborador da revista El Jueves. A partir da década de 1980 comezou a publicar sarcásticas recompilacións de textos educativos do franquismo como foron Al alegre paso de la paz (1996), Mi mamá me mima (1998), La española cuando besa (1999), Fechas y Pelayos (2000) ou El Sexo: no fornicar (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Torno (Lobios). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Mancha ou marca pequena na pel, pelo ou plumaxe dun animal ou na masa dun mineral.
-
píntega.
-
Enfermidade infecciosa da pel debida á bacteria Treponema carateum, que se caracteriza pola aparición dunha pápula non ulcerada no lugar da infección e, despois de 5-18 meses, dunha erupción secundaria eritematosa ou hiperpigmentada.
-
-
Aspecto ou aparencia dunha persoa ou cousa.
-