"Iglesias" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • GALICIA

    Gaiteiro. Coñecido como Moxenas, foi profesor de gaita e percusión e compositor de pezas para gaita. Formou parte de grupos como Os chavales de Sárdoma, Vento das Cíes, Lembranzas Galegas e Muxicas. Das súas obras destacan Pasodoble de Sárdoma, Cereixas de beade, Foliada para Andrea. Foi nomeado Vigués Distinguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1931 e doutorouse en Madrid en 1934. De gran prestixio na especialidade de cardioloxía e medicina xeral, ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias en 1963. Publicou numerosos traballos e libros, como Radiodiagnostico de la tuberculosis pulmonar (1934), Pleuritis tuberculosa (1940), Contribución al estudo médico--legal de la silicosis (1946), El pronóstico de la tuberculosis pulmonar (1953) e Emoción, angustia e infarto de miocardio (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Igrexa e ás súas variantes, como Da Eirexa, Da Airexa ou Da Irexa, que se empregaron como apelidos toponímicos ata o s XVII. A súa orixe está nos abondosos topónimos espallados polo territorio galego. Esta forma castelanizada en plural atéstase por primeira vez no s XIX, usada como apelido administrativo. Actualmente é un dos apelidos máis frecuentes en Galicia.

    2. Liñaxe que trae, en campo de azul, unha igrexa acaroada a unha torre, todo de prata, acompañada no cantón destro do xefe dunha cuncha de vieira de ouro, resaltada a porta dun guerreiro armado e cunha alabarda na man destra, todo de prata. Outra variante leva, en campo de goles, unha igrexa de prata, resaltada a porta dun guerreiro armado, levando na súa man dereita unha alabarda coa pica de prata e a vara de azul e bordo de azul co lema de ouro: “A pesar de todo venceremos a los moros”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e crítico musical. Estudiou no Conservatorio de Música de Madrid e en distintos países. Actuou por todo o mundo tanto de solista como con orquestras moi prestixiosas dirixidas por profesionais destacados como Leopold Stokowski, Ataúlfo Argenta ou Conrado del Campo, e é autor de ensaios sobre grandes músicos como Marcial del Adalid. Dirixiu un gran número de organismos, como o Conservatorio de Ourense, do que tamén foi o fundador, o Conservatorio de Segovia ou o Instituto de Música Religiosa de Cuenca. É académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, entre outras institucións. Posúe distintos galardóns, dos que cómpre mencionar a Orden Civil de Alfonso X El Sabio e a Orde do Mérito Civil, e foi nomeado Chevalier de L’Ordre dels Arts et Lettres de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como avogado e liderou o Partido Republicano Federal en Pontevedra. Redactor de La Unión Republicana de Pontevedra, foi nomeado correspondente do xornal El País e en 1903 dirixiu o diario republicano vigués La Justicia. Despois de coñecer a A. Lerroux en 1904, seguiuno a Barcelona, onde se instalou en 1906 e onde destacou polas campañas contra Solidaritat Catalana que fixo desde El Progreso, que el mesmo dirixía. Cando A. Lerroux marchou de España, quedou como cabeza do lerrouxismo liderando o Partido Republicano Radical. Elixido concelleiro en Barcelona (1909), foi encarcerado tralos acontecementos da Semana Tráxica (1909) e despois defendeu a algúns dos implicados máis destacados. Deputado a Cortes (1910), intentou fusionar o Partido Radical e a Unió Federal Nacionalista Republicana para constituír unha alternativa aos rexionalistas cataláns (1914). Estivo detido trala...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Lingua e Literatura galegas. Colaborador da revista Dorna, é autor do libro de relatos eróticos Aventura en Nassau (1991). Ademais, tirou do prelo Vento de seda (1992), a novela policial Miss Ourense (1994), Conta os latidos (1995), o relato de terror “Non sabía que doía tanto” (1995), O mellor francés de Barcelona (1999), A noite das cabras do aire (1999), A historia escríbese de noite (2001) e A vida apoteósica (2001). Foi galardoado co Premio da Crítica Galicia, co Premio Merlín de Literatura Xuvenil e co Premio García Barros de Novela; ademais foi o gañador do Certame de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo co relato “Luanda” (1995) e do III Premio de Novela Ciudad de Salamanca coa súa primeira novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Académica e profesora. Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, é membro da Real Academia de la Historia (1989) e da Real Academia de la Lengua (2000). Obtivo o Premio Nacional de Periodismo, e o Premio Nacional de Historia de España (2000) pola obra Símbolos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Elixido concelleiro pola Coruña nas eleccións municipais de 1931, foi alcalde da cidade entre 1932-1933. Nas eleccións xerais de 1933 elixírono deputado pola Coruña polo Partido Republicano Gallego e foi nomeado fiscal xeral da República, en xaneiro de 1936. Tralo franquismo retomou a actividade política como senador na lexislatura constituínte pola Candidatura Democrática Galega, pasando a mediados da lexislatura ás filas da UCD, agrupación pola que foi senador durante a I lexislatura, e por Coalición Popular na III. No Parlamento galego foi deputado pola Coruña na I lexislatura por UCD e durante parte da II por Coalición Popular. No campo empresarial ocupou diversos cargos como presidente de Frigoríficos del Noroeste SA e secretario xeral de Industria Ballenera Española SA. Foi presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e foi condecorado coa Legión de Honor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Máis coñecido como Julio Iglesias, é un artista vinculado con Galicia, xa que o seu pai é natural de Ourense. Foi porteiro do Real Madrid ata que o tivo que deixar por culpa dun accidente. Posteriormente, comezou a cantar e a compoñer as súas propias cancións. En 1968 gañou o Festival de Benidorm coa canción “La vida sigue igual”. Protagonizou a película La vida sigue igual (1969) e representou a España no Festival de Eurovisión de 1971. Gravou numerosos discos en distintos idiomas e entre as súas cancións máis destacadas figuran “Gwendolyne”, “Bamboleo”, “Agua dulce, agua salada” ou “Un canto a Galicia”, homenaxe musical á terra do seu pai. En 1983 recibiu o Disco de Diamantes por ter vendido máis de cen millóns de discos en todo o mundo. Gañador de varios premios Grammy, en 1992 foi nomeado “Embajador de Galicia en el Mundo”. Recibiu numerosos premios e galardóns ao longo da súa carreira, entre os que destacan o Golden Record Award (1995), o Premio Mónaco da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patinadora galega. Comezou a seguir os pasos da súa irmá máis vella e iniciouse na patinaxe artística no ano 2004 nun club da súa cidade natal, o Club de Patinaxe Artística Compostela, logo adestrou no Maxia da Coruña e dende o ano 2019 patina no Reus Esportiu, sendo o seu adestrador Óscar Mollíns. A súa traxectoria nas competicións iniciouse no ano 2005, con 5 anos, e, dende que no ano 2009 se proclamou campioa galega en categoría alevín, o que lle permitiu clasificarse para o Campionato de España, participou en todos os campionatos de España que se convocaron. Así mesmo, dende o ano 2013, ano no que participou no Trofeo Prestige Issy-Paris, onde se proclamou campioa, e na Copa de Europa (4ª clasificada), é patinadora internacional. Ademais, dende o ano 2007 está incluída no programa de Tecnificación de Xoves Valores da Federación Galega de Patinaxe e foi convocada pola RFEP entre a súa selección en varias ocasións. Entre o seu palmarés figuran 6 títulos galegos nas categorías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre. Creador da Federación de Estudiantes Católicos (1932), fundou en 1943 a agrupación artística La Farándula e en 1950 a sociedade Amigos de la Ópera. Crítico de cine e teatro en RNE na Coruña, colaborou tamén en diversas publicacións. Presidiu a coral polifónica El Eco e dirixiu a revista Abrente. Cómpre salientar a súa obrapoética Cancionero tardío (Premio Nacional de Poesía, 1969); e en narrativa, El Aguijón (1968), obra finalista do Premio Nacional de Literatura; As historias do anxo azul (1991) e O vello das pombas (1998). No eido teatral destaca Triunfó la vida (1957). Foi membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en tecnoloxía lítica e evolucionismo humano. Colaborador de diversas publicacións, foi autor, entre outras, de Historia do pensamento antropolóxico en Galicia: O discurso sobre a evolución humana, 1859-1976 (1999), Manuel Murguía (2000) e Pablo Iglesias (2001). Recibiu o Premio Puro Cora de xornalismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1974), tamén foi profesor nesta universidade. Membro do consello de redacción da revista Anales de la Literatura Española Contemporánea, da University of Nebraska, é experto na obra de A. Buero Vallejo e Valle-Inclán. Publicou El teatro de Buero Vallejo (1974) e La trayectoria dramática de Antonio Buero Vallejo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Doutorouse en Teoloxía (1808) en Salamanca. Catedrático en Santiago de Compostela, foi nomeado arquiveiro extraordinario do Arquivo e Biblioteca da Universidade (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Participou no mundo literario madrileño da época, e colaborou en diferentes xornais e revistas. Da súa obra cómpre salientar Horas trágicas de la historia (1910), Los aventureros del gran mundo (1911), En los campos de batalla e La guerra de las naciones (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xondo, realizou unha obra desde o surrealismo ata a desnaturalización. Destacan entre outras, Elementos e Arca de Noé. Tamén fixo retratos de embaixadores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Formado nos equipos da súa vila natal, debutou como xogador en primeira división co Real Club Deportivo de La Coruña na tempada 1951-1952, fichando polo Sevilla C. F. (1957), Granada (1958-1963), Real Oviedo (1963-1964) e Albacete Balompié (1964-1965). En 1967 fíxose cargo da dirección técnica do filial deportivista, o Fabril, e tomou o mando do primeiro equipo do Deportivo mediada a tempada 1970-1971, conseguindo o ascenso a primeira división. Adestrou o Hércules de Alacant, Real Zaragoza, Burgos, Elx e Almería, e regresou ao Deportivo (1982-1985), que militaba na segunda división. Na campaña 1987-1988 dirixiu a S. D. Compostela, e na 1988-1989 asumiu novamente a dirección do Deportivo, que salvou do descenso a segunda división B. Na campaña 1988-1989 conseguiu por vez primeira na historia do club herculino alcanzar as semifinais da Copa do Rei, ascendéndoo a primeira división na tempada seguinte, e rematou a tempada 1992-1993 logrando a primeira clasificación da súa historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliotecario e arquiveiro. Participou na Guerra Civil Española xunto aos republicanos e, trala derrota, marchou a Suecia e despois a México. Profesor no Colexio de México (1940), traballou tamén nas universidades de California, Illinois e Wisconsin (1941-1948). Publicou, entre outras obras, Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO