Iglesias Corral, Manuel
Político. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Elixido concelleiro pola Coruña nas eleccións municipais de 1931, foi alcalde da cidade entre 1932-1933. Nas eleccións xerais de 1933 elixírono deputado pola Coruña polo Partido Republicano Gallego e foi nomeado fiscal xeral da República, en xaneiro de 1936. Tralo franquismo retomou a actividade política como senador na lexislatura constituínte pola Candidatura Democrática Galega, pasando a mediados da lexislatura ás filas da UCD, agrupación pola que foi senador durante a I lexislatura, e por Coalición Popular na III. No Parlamento galego foi deputado pola Coruña na I lexislatura por UCD e durante parte da II por Coalición Popular. No campo empresarial ocupou diversos cargos como presidente de Frigoríficos del Noroeste SA e secretario xeral de Industria Ballenera Española SA. Foi presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e foi condecorado coa Legión de Honor.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso