Iglesias de la Cueva, Julio José
Cantante. Máis coñecido como Julio Iglesias, é un artista vinculado con Galicia, xa que o seu pai é natural de Ourense. Foi porteiro do Real Madrid ata que o tivo que deixar por culpa dun accidente. Posteriormente, comezou a cantar e a compoñer as súas propias cancións. En 1968 gañou o Festival de Benidorm coa canción “La vida sigue igual”. Protagonizou a película La vida sigue igual (1969) e representou a España no Festival de Eurovisión de 1971. Gravou numerosos discos en distintos idiomas e entre as súas cancións máis destacadas figuran “Gwendolyne”, “Bamboleo”, “Agua dulce, agua salada” ou “Un canto a Galicia”, homenaxe musical á terra do seu pai. En 1983 recibiu o Disco de Diamantes por ter vendido máis de cen millóns de discos en todo o mundo. Gañador de varios premios Grammy, en 1992 foi nomeado “Embajador de Galicia en el Mundo”. Recibiu numerosos premios e galardóns ao longo da súa carreira, entre os que destacan o Golden Record Award (1995), o Premio Mónaco da Música (1997) ou o ASCAP Pied Piper Award (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid