"Iria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 76.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de porfiria hepática caracterizada polo déficit conxénito e hereditario do enzima coproporfirinóxeno oxidasa, que leva á eliminación fecal de porfirina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto galego do s XV conservado en dúas versións. Unha nun manuscrito do arquivo da catedral de Santiago (14 follas) e en dúas copias deste: manuscrito 1.228 da Biblioteca Nacional de Madrid (do XVI) e manuscrito 1.924 da Biblioteca Universitaria de Salamanca (do XVII). A outra nun manuscrito da Biblioteca Vaticana (do XVII). Ademais diso, en 1888 López Ferreiro citaba outros cinco manuscritos, actualmente de paradoiro descoñecido. A versión da Biblioteca Vaticana indica que se escribiu en 1444 e que a compuxo “Jan Rodriguez do Padron”, coincidindo cun códice que posuía A. Fernández Guerra, pero non hai fundamento para esta atribución. O códice de Santiago foi escrito en 1468 por Rui Vasques, clérigo de Chacín (Mazaricos). O autor tenta facer unha exaltación da igrexa de Iria, onde estivo o bispado antes do seu traslado para Santiago, e refírese aos bispos de Iria-Compostela desde os inicios ata os tempos de Diego Xelmírez. Para a elaboración do texto utilizou como fontes o Chronicon Iriense...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘madrasta’.
-
PERSOEIRO
Rei de Siria (162 a C-150 a C), fillo de Seleuco IV Filopátor. Foi refén dos romanos durante a súa infancia pero despois fuxiu. Á súa volta recuperou o trono despois de eliminar o usurpador, o seu curmán Antíoco V. Derrotou a Ariarato, rei de Capadocia, someteu a rebelión dos macabeos, liderados por Xudas Macabeo, e emprendeu unha política de expansión. Morreu logo da súa derrota fronte á coalición dos monarcas de Pergamo, Exipto e Capadocia, aos que se uniu o pretendente ao trono, Alexandre Balas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (145 a C - 125 a C) e fillo de Demetrio I de Siria. Enfrontouse ás revoltas de Antíoco VI (145 a C - 142 a C) e Trifón (142 a C - 139 a C). Capturado polos partos durante unha campaña (139 a C), contou coa súa axuda para eliminar o seu irmán Antíoco VII (129 a C) e recuperou o poder ata que Alexandre II o derrotou diante de Damasco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siria (95 - 88 a C). Impúxose a Antíoco X coa axuda de Exipto e repartiu o reino co seu irmán Filipo, co que se puxo a mal máis tarde. Morreu en catividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza situada en Vilarello (Cervantes), á beira do río Cancelada, sobre un outeiro rochoso de difícil acceso. Construíuse no s XV e pertenceu ao conde de Grajal de Campos, señor de Cervantes. De planta rectangular, conserva no muro sur a torre da homenaxe, tamén rectangular. Os muros son de cachotería de lousa e coroáronse con ameas. A porta de acceso á torre comunica co patio de honra e ten un arco de medio punto. Relaciónase coa lenda da muller cervo que narra a historia dunha doncela que desapareceu do castelo e que foi dada por morta pola súa familia. Un día, o seu irmán matou unha cerva branca e gardou unha das súas patas no seu zurrón e, ao chegar á casa, en lugar da pata atopou unha man de muller cun anel semellante a un dos da súa irmá, entón regresou ao lugar no que deixara a cerva e atopou o corpo da irmá. Cóntase que a doncela se converteu en cervo para ser protexida do bosque. En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural.
-
-
Pertencente ou relativo á familia Elzevier e ás súas impresións.
-
Aplícase ao carácter de imprenta introducido polos Elzevier, que está incluído na familia estilística denominada romana antiga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land do SL de Austria, situado na cadea alpina de Niedere Tauern, que actúa como divisoria de augas (16.388 km2; 1.203.062 h [1999]). A capital é Graz. A parte occidental está constituída polos vales dos ríos Enns e Mur. O principal recurso económico é a explotación do bosque, que cobre un 49% do territorio e produce madeira, en gran parte para a exportación. A agricultura ten escasa importancia. A presenza de xacementos de ferro (Eisenerz), lignito e magnesio favoreceron o desenvolvemento dunha destacada industria siderúrxica e metalúrxica. Habitada polos celtas e os ilirios, formou parte das provincias romanas de Nórica e Panonia. Integrada na Marca Carinta do Imperio Carolinxio (788), a familia Steyr controlou o territorio dende mediados do s XI. Ducado independente desde 1180, en 1192 pasou a Austria. O Emperador Carlos V herdouno de Maximiliano I e cedeulla ao seu irmán Fernando (1521). A poboación converteuse maioritariamente ao protestantismo (1530),...
-
-
Condición de estranxeiro.
-
Norma que regula a condición dos estranxeiros.
-
Condición legal do estranxeiro mentres non acada a nacionalidade do país onde reside.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Frairía (Castroverde). Ten planta cuasicuadrangular con patio central interior. As plantas nobres son de cachotería con cantería e o patio de perpiaños de granito. Conserva a capela pegada ao edificio pola parte posterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de freires.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino que estivo situado en Armenteira (Meis). Só está documentado nunha doazón que fixo Aragonta Fróilaz no 1166.
-
PERSOEIRO
Político colombiano. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Finanzas (1986) e de Interior (1987), antes de converterse en presidente da República en 1990-1994. Tras abandonar a presidencia foi elixido secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Intoxicación por sales de mercurio.
-
Erupción cutánea que se produce pola manipulación descoidada de preparados mercuriais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión da Península Balcánica habitada polos ilirios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe escura. Hai quen o relaciona co nome de Irene
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo feminino Irea.