"Isaac" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 32.

  • PERSOEIRO

    Segundo dos patriarcas do pobo hebreo, fillo de Abrahán. Deus anuncioulle a Abrahán, xa centenario, que a súa muller Sara -nonaxenaria- ía concibir un fillo, ao que lle poñería por nome Isaac, que sería pai dun pobo moi prolífico. Sara, incrédula, riu ás agachadas. Sendo Isaac xa un mozo, Iavé ordenoulle a Abrahán que llo ofrecera en sacrificio; pero cando xa estaba preparado para inmolalo, un anxo do Señor detivo a súa man. Casou aos 40 anos con Rebeca, filla de Betuel, e vinte anos despois tivo dous xemelgos: Esaú e Xacob. Segundo a tradición hebrea, con 130 anos bendiciu a Xacob e morreu, cego, en Hebrón. Na iconografía pode aparecer como neno (escena do sacrificio) ou como ancián de longa barba branca (como os patriarcas bíblicos), viste túnica e palio (como os personaxes do Antigo Testamento); e leva como atributo persoal un feixe de leña (para o seu sacrificio). A súa festividade celébrase o 25 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1057-1059). Sucesor de Miguel IV, loitou contra os húngaros, pero ante a indisciplina do exército abdicou e retirouse ao mosteiro de Studios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1185-1195 e 1203-1204). Sucedeu a Andrónico I Comneno e iniciou a dinastía dos Anxo. Mantivo unha política desastrosa, aínda que obtivo algúns éxitos na campaña contra os búlgaros (1186-1187, 1188). Deposto en 1195 polo seu irmán Aleixo III Comneno, recobrou o trono, que compartiu co seu fillo Aleixo IV Anxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, fillo de Juan de Juni. Formado no obradoiro de seu pai, difundiu o estilo paterno en Galicia, a onde se trasladou ao redor de 1595. Realizou, con Juan de Muniategui, os asentos do capítulo (non conservados) no mosteiro de Santa María de Montederramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, matemático e astrónomo inglés. Fillo póstumo dun pequeno terratenente, foi alumno da escola de Grantham e máis tarde do Trinity College de Cambridge, onde se graduou en 1665. Durante os dous anos seguintes, mentres a Universidade de Cambridge estaba pechada pola peste, comezou a reflexionar sobre o método matemático das fluxións, as teorías sobre a natureza da luz e das cores e a gravitación universal. Foi nomeado fellow de Cambridge e en 1667 profesor de matemáticas. En 1672 foi nomeado membro da Royal Society de Londres, da que posteriormente sería presidente (1703-1727) e, en 1696 nomeárono gardián da Casa da Moeda de Londres (1696), da que tamén foi director. Considerado o pai da física clásica, da astronomía moderna, da óptica e un dos pais das matemáticas, quixo demostrar que todo o Universo funciona segundo unha lei natural -a da gravitación- que non require ningunha aplicación continua de forza. Definiu os conceptos de masa ou cantidade de materia, cantidade de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e inventor. Ingresou no Colegio Naval de Cádiz, onde acadou o grao de alférez (1872). Como oficial serviu en Cuba e Filipinas, e participou no saqueo naval de Bermeo, durante a Terceira Guerra Carlista. Foi profesor de física e química na Escuela de Ampliación de Estudios de Marina en Cádiz. Interesado pola navegación submarina, continuou os estudos de N. Monturiol e inventou un submarino propulsado electricamente (1885). Aínda que as autoridades españolas non o axudaron, non permitiu que o seu invento se desenvolvese no estranxeiro. Tamén inventou, entre outros, un proxector luminoso, un acumulador eléctrico, un varadoiro de torpedeiros ou unha metralladora eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e visual. Formouse no Centre Genevois de Gravure (1985-1989). Integrante da Comisión Técnica do Foro da Cultura Galega, foi director artístico dos programas audiovisuais Sitio Distinto e Galeguidade, e codirixiu o programa radiofónico O enemigo dentro. O seu traballo está influído por pintores como J. Miró ou V. Kandinskij e escritores como A. Rimbaud ou I. Calvino. A súa obra gráfica acadou un estilo a base de emulsións cromáticas suaves, que reúne historias íntimas ou imaxinarias. Realizou varias escenografías para obras de teatro. Da súa produción destacan Umbra (1990), Hacedor (1990) e a serie Labirintos e Esbirros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Licenciouse en Teoloxía Fundamental e Dereito Canónico, e diplomouse en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria. Ordenado sacerdote en 1955, ingresou no corpo eclesiástico do exército e acadou o grao de capelán coronel. Foi colaborador do CSIC e publicou Cancioneiro da Terra Chá (1980), en que recolle cancións populares da súa terra natal; Cancións galegas. Literatura popular (1989), onde inclúe cantigas, refráns e xogos; O escudo do concello de Pol (1985), Heráldica de Pantón (1998) e Pantón: historia e fidalguía (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1935 emigrou a EE UU e en 1943 naturalizouse estadounidense. Colaborou no diario yiddish de Nova York Jewish Daily Forward, e desde 1967 no The New Yorker. As súas novelas e narracións, escritas en lingua yiddish, tratan o mundo dos xudeus europeos, e destacan pola súa paixón pola vida e a desesperanza polas tradicións perdidas. Escribiu tamén libros de memorias e contos para nenos. Da súa obra destacan Satán en Goray (1935), A familia Moskat (1950), Un día pracenteiro: relatos dun neno que se criou en Varsovia (1973) e Yentl the Yeshiva Boy (1983). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Debutou no Carnegie Hall en 1943, nun concerto que o consagrou internacionalmente. Mestre prodixioso do violín, sintetizou unha sonoridade de gran pureza e expresividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e psicólogo social estadounidense. Interesado polo cambio cultural e o desenvolvemento da personalidade, escribiu Sex and Society (1907), The Polish Peasant in Europe and America (1918-1920) e Primitive Behavior (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO