Isaac
Segundo dos patriarcas do pobo hebreo, fillo de Abrahán. Deus anuncioulle a Abrahán, xa centenario, que a súa muller Sara -nonaxenaria- ía concibir un fillo, ao que lle poñería por nome Isaac, que sería pai dun pobo moi prolífico. Sara, incrédula, riu ás agachadas. Sendo Isaac xa un mozo, Iavé ordenoulle a Abrahán que llo ofrecera en sacrificio; pero cando xa estaba preparado para inmolalo, un anxo do Señor detivo a súa man. Casou aos 40 anos con Rebeca, filla de Betuel, e vinte anos despois tivo dous xemelgos: Esaú e Xacob. Segundo a tradición hebrea, con 130 anos bendiciu a Xacob e morreu, cego, en Hebrón. Na iconografía pode aparecer como neno (escena do sacrificio) ou como ancián de longa barba branca (como os patriarcas bíblicos), viste túnica e palio (como os personaxes do Antigo Testamento); e leva como atributo persoal un feixe de leña (para o seu sacrificio). A súa festividade celébrase o 25 de marzo.
Cronoloxía
-
Deceso
-
Nacemento