"Itacio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 72.

  • Eliminación de anhídrido sulfuroso que se emprega na conservación do zume de froitas, sobre todo da uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dinamitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é dixitado.

    2. Movemento dos dedos ao escribir nun teclado ou ao tocar un instrumento.

    3. Indicación na partitura dos instrumentos que sinala, por medio de cifras, o dedo que se debe empregar en cada nota.

    4. Cada un dos lóbulos das follas dixitadas.

    5. Decoración da cerámica que consiste en premer a xema dos dedos sobre a pasta fresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Tui. Morreu martirizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de montar a cabalo. A técnica baséase tanto en saber montar e baixar do cabalo como en conducilo ben segundo os diferentes tipos de marchas (ó paso, ao trote, ao galope, etc) na dirección que o xinete pretende seguir. As normas que estableceron as bases da equitación moderna codificáronse no s XVIII na academia de La Guerinière. Na equitación coexisten dúas correntes básicas: unha, que corresponde á alta escola, practícase preferentemente en picadeiros ou en pistas e fundaméntase nun dominio rigoroso do xinete sobre o cabalo; a outra, chamada natural, exercítase no campo e baséase en deixar liberdade de movementos ao cabalo e en dirixilo habilmente coas rendas. A equitación é a base da especialidade deportiva denominada hípica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de evitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de excitar ou excitarse.

    2. Produción do fluxo magnético de indución nunha máquina eléctrica. A corrente de excitación pode estar producida por unha máquina ou por unha fonte auxiliar (excitación independente), ou ben pola mesma máquina (autoexcitación).

      1. Colisión ineléstica.

      2. Aumento da enerxía dun sistema microfísico.

    3. Estado de actividade estimulada dun individuo unicelular ou pluricelular ou dalgún dos seus órganos ou sistemas.

    4. Creación dun campo magnético por unha corrente eléctrica.

    5. Conxunto formado por un motor, as máis das veces térmico, e unha dinamo, en que o primeiro acciona a segunda, empregado para a excitación dos indutores dun motor ou dun alternador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exercitar ou exercitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de felicitar.

    2. Escrito ou palabras con que se felicita a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de xeración de portadores (electróns e buracos) que se produce cando unha radiación luminosa de enerxía suficiente incide sobre a superficie dun semicondutor, que pode ser volúmico ou en forma de capa delgada. Este proceso de xeración pódese deber a transicións banda-banda (intrínsecas) ou a transicións en que participan niveis enerxéticos situados no intervalo de enerxía prohibida (extrínsecas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de grafitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de gravitar.

    2. In-teracción gravitacional. A gravitación é unha das catro interaccións fundamentais; experiméntana todas as partículas, con enerxía, e a partícula mediadora é o gravitón. Desde o punto de vista da mecánica clásica (newtoniana), os corpos atráense polo feito de ter masa, máis concretamente masa gravitacional. Pódese visualizar esta atracción gravitacional mediante un campo vectorial. Este campo gravitacional é un campo conservativo que deriva do potencial gravitacional. A forza gravitacional que experimenta unha masa puntual m’ para situarse nun punto r do campo gravitacional enxendrada pola masa m é F =m’ g ( r ). Esta forza é conservativa; deriva da enerxía potencial gravitacional. A expresión desta forza coñécese como lei da gravitación universal ou da atracción universal. Desde o punto de vista da relatividade xeral, o campo gravitacional é a curvatura do espacio-tempo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á gravitación.

    2. Imaxe predita por Einstein, pola que a luz que procede dunha galaxia que se sitúa detrás dun cúmulo queda distorsionada pola atracción gravitatoria desta. Un caso particular é o anel de Einstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de habilitar.

      1. Autorización conferida a un organismo ou funcionario para que realice funcións que non lle son propias.

      2. Nota característica de determinados corpos de funcionarios, únicos para todo o estado, que faculta os seus membros para presentarse aos concursos de provisión de prazas reservadas exclusivamente a estes corpos nas diferentes administracións públicas existentes no ámbito do estado.

      3. habilitación xudicial

        Medio legal para suplir a falta de capacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de habitar nun lugar.

    2. Lugar onde habitan persoas ou animais.

    3. Dereito real que ten unha persoa, cos seus familiares, de ocupar nunha casa allea as partes necesarias. Pode proceder dos capítulos matrimoniais, dun testamento ou dun contrato especial. Este dereito non se pode arrendar nin ceder a outras persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de imitar.

    2. Cousa que imita outra.

      1. Maneira, segundo os pitagóricos, en que as cousas se relacionan cos nomes e coas entidades superiores.

      2. teoría da imitación /

        Doutrina segundo a que a arte consiste en imitar. En Platón, a arte é imitación, aparencia sensible e esta é a imitación das ideas. Para Aristóteles, a arte poética (creadora) comporta imitacións de determinadas accións. Modernamente, a imitación artística enténdese como actividade reveladora da forma esencial da realidade que o obxecto real realiza inadecuadamente.

    3. Termo que indica unha serie de sons repetida de forma analóxica. É un procedemento contrapuntístico no que se reproduce un motivo unha ou máis veces. Ten diferentes formas: por movemento directo, por movemento contrario, por movemento retrógrado e por diminución ou aumento dos valores rítmicos do modelo. A imitación é a base de formas musicais como o canon e a fuga.

    4. Fenómeno psíquico, consciente ou non, caracterizado pola reprodución activa dunha conduta observada anteriormente noutro individuo.

    5. Proceso polo que, segundo o sociólogo Gabriel Tarde, teñen lugar os vínculos que conforman a sociedade. Non se imita tanto á persoa como o que representa e, polo tanto, aquilo que se capta é o grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro da espiritualidade cristiá. Obra mestra da literatura espiritual da Idade Media (XIII-XIV), tense atribuído a diferentes autores -Joan Gerson e Geert Groote-, aínda que a autoría de Tomé de Kempis é a mellor fundamentada. Despois da Biblia, foi o libro máis divulgado en toda a cristiandade. Divídese en catro libros, que en realidade son catro tratados diferentes, segundo se desprende do estudo da tradición manuscrita, da falta dun título orixinal común e das diferencias de vocabulario, estilo e contido. Nacida no ambiente da Devotio Moderna dos Países Baixos, caracterízase por un antiespeculativismo e por unha gran propensión para a vida interior. Vén marcada por un certo pesimismo e unha ascética da fuga e do desprezo do mundo, típicos de finais da Idade Media, cunha revalorización da razón humana, do estudo e da especulación. A profundidade da doutrina, a unción con que é exposta, a simplicidade da linguaxe e a beleza de estilo -conciso, sentencioso e a miúdo rítmico- son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de premeditación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de incapacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de incitar.

    VER O DETALLE DO TERMO