equitación

equitación

(

s f [DEP]

Arte de montar a cabalo. A técnica baséase tanto en saber montar e baixar do cabalo como en conducilo ben segundo os diferentes tipos de marchas (ó paso, ao trote, ao galope, etc) na dirección que o xinete pretende seguir. As normas que estableceron as bases da equitación moderna codificáronse no s XVIII na academia de La Guerinière. Na equitación coexisten dúas correntes básicas: unha, que corresponde á alta escola, practícase preferentemente en picadeiros ou en pistas e fundaméntase nun dominio rigoroso do xinete sobre o cabalo; a outra, chamada natural, exercítase no campo e baséase en deixar liberdade de movementos ao cabalo e en dirixilo habilmente coas rendas. A equitación é a base da especialidade deportiva denominada hípica.

Refráns

  • A cabalo alleo, espora propia.
  • Cebada do día non fai andar moito a cabalería.
  • Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro.
  • O bo cabaleiro non se axeita nun barrufeiro.

Palabras veciñas

Equisetum | equisoante | equisonancia | equitación | equitamina | equitante | equitativo -va