imitación

imitación

(< lat imitatĭōne)

  1. s f

    Acción de imitar.

  2. s f

    Cousa que imita outra.

    1. s f [FILOS]

      Maneira, segundo os pitagóricos, en que as cousas se relacionan cos nomes e coas entidades superiores.

    2. teoría da imitación / [ARTE/FILOS]

      Doutrina segundo a que a arte consiste en imitar. En Platón, a arte é imitación, aparencia sensible e esta é a imitación das ideas. Para Aristóteles, a arte poética (creadora) comporta imitacións de determinadas accións. Modernamente, a imitación artística enténdese como actividade reveladora da forma esencial da realidade que o obxecto real realiza inadecuadamente.

  3. s f [MÚS]

    Termo que indica unha serie de sons repetida de forma analóxica. É un procedemento contrapuntístico no que se reproduce un motivo unha ou máis veces. Ten diferentes formas: por movemento directo, por movemento contrario, por movemento retrógrado e por diminución ou aumento dos valores rítmicos do modelo. A imitación é a base de formas musicais como o canon e a fuga.

  4. s f [PSIC]

    Fenómeno psíquico, consciente ou non, caracterizado pola reprodución activa dunha conduta observada anteriormente noutro individuo.

  5. s f [SOCIOL]

    Proceso polo que, segundo o sociólogo Gabriel Tarde, teñen lugar os vínculos que conforman a sociedade. Non se imita tanto á persoa como o que representa e, polo tanto, aquilo que se capta é o grupo.

Refráns

  • ¿A onde vas, tolo? -A onde van todos.

Palabras veciñas

imino | iminoácido | imitable | imitación | Imitación de Cristo | imitador -ra | imitar